Feijóo e Fomento deben garantir a rede ferroviaria de mercadorías galega a partir de 2018

Feijóo e Fomento deben garantir a rede ferroviaria de mercadorías galega a partir de 2018

Feijóo e Fomento deben garantir a rede ferroviaria de mercadorías galega a partir de 2018

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, sinalou hoxe as contradicións entre o presidente da Xunta e o Ministerio de Fomento sobre a conexión da rede ferroviaria de mercadorías. Mentres o primeiro nega os retrasos, Fomento asegura que non poderá tomarse ningunha para conectar Galicia con Europa antes de 2027.

O responsable socialista reclamoulles que “se poñan de acordo e garantan o financiamento da rede a partir de 2018” para incluíla na programación do próximo período de financiamento, que comeza o próximo ano, e comecen a executar as obras a comezos dos anos 20. Sinalou que esta infraestrutura resulta fundamental para mellorar a competitividade dos portos galegos e suprimir o “cuello de botella” da rede galega.

Fernández Leiceaga lamentou que o presidente da Xunta centre os seus esforzos en culpar aos gobernos de Zapatero en lugar de resolver esta situación e conseguir unha conectividade “á altura do que se precisa no século XXI”. Lembrou neste sentido que a UE excluíu a Galicia da conexión ferroviaria de mercadorías entre os anos 2012 e 2013, coincidindo coa chegada ao goberno de Rajoy.

Nodos básicos

Advertiu ademais que Galicia “aparece con dificultade” nos nodos de comunicación ferroviaria básica esixida pola lexislación comunitaria. Así, no Real Decreto 1315/13, están excluídas tanto A Coruña como Santiago e Vigo nunha rede na que si aparecen Monforte (Ourense), provocando unha “notable confusión” e reclamoulle ao goberno galego “presión para que se resolva esta situación”.

Fernández Leiceaga criticou o desleixo do goberno galego para garantir as conexións dos principais núcleos en construción, como é o caso do Porto Seco de Monforte, no que “falta a conexión por estrada e ferrocarril”.

Esta situación coincide coa da Plisan Salvaterra – As Neves, que malia que de acordo co goberno galego o próximo ano terá en marcha as primeiras parcelas, “aínda agarda por unha conexión coa rede ferroviaria” que permita darlle saída á produción da plataforma.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar