Feijóo fixo da CRTVG "a terminal mediática do réxime"

Feijóo fixo da CRTVG "a terminal mediática do réxime"

Feijóo fixo da CRTVG "a terminal mediática do réxime"

A deputada socialista María Quintas denunciou hoxe no Parlamento que “a Xunta de Feijóo concibe a Televisión de Galicia e a Radio Galega como unha terminal mediática do réxime”, cunha manipulación dos seus contidos que provoca unha constante perda de audiencia e ingresos publicitarios.

Nunha rolda de prensa, afirmou que “como consecuencia do control de Feijóo, a CRTVG converteuse nun medio decadente ao servizo do Goberno, que nin informa, nin entretén nin é competitivo; está de costas á cidadanía co único obxectivo de servir aos intereses do PP”.

Os socialistas lamentan que “a TVG e a Radio galega perden audiencia pola intromisión do Partido popular e a manipulación informativa, non se quere aplicar a nova Lei de Medios de Comunicación Audiovisual de Galicia, porque Feijóo non quere perder o control sobre os medios públicos”.

“Existe un borrador do Contrato Marco, que debe establecer o modelo de futuro dos medios públicos pero limítase a reproducir o contido da propia Lei, non a desenvolve nin clarifica o modelo da CRTVG, a súa estrutura e o seu financiamento futuro”, manifestou.

“Valoramos o traballo dos xornalistas da radio e a televisión, son as xefaturas de informativos os verdadeiros responsables desta manipulación”, dixo a deputada socialista, que criticou “o escaso compromiso do Goberno para a defensa e a difusión do galego nos medios públicos”.

Quintas engadiu que “o presidente da Xunta e o PP queren uns medios de comunicación públicos ao seu servizo para facer campaña de cara ás próximas eleccións municipais e minimizar o impacto de casos de corrupción como o do Concello de Santiago, Gürtel ou Bárcenas”. Os socialistas advirten que os ingresos publicitarios caerán case un 50% no ano 2014 e, con respecto ás audiencias, baixaron un 9,6% en horario de prime time con respecto a 2013.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar