Feijóo financia o PP de Arxentina con cargo aos impostos dos galegos e galegas

Feijóo financia o PP de Arxentina con cargo aos impostos dos galegos e galegas

Feijóo financia o PP de Arxentina con cargo aos impostos dos galegos e galegas

Marisol SoneiraA portavoz de Emigración do Grupo Socialista, Marisol Soneira, acusou hoxe ao presidente da Xunta de utilizar os fondos públicos do goberno galego para financiar a campaña do PP en Arxentina. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión sobre o nomeamento do delegado da Xunta en Bos Aires como presidente do PP daquel país. A responsable socialista criticou que o presidente da Xunta “denigra a función institucional da Xunta de Galicia en Bos Aires ao mesturar institución e partido”, facendo dende o goberno “todo o contrario do que dicía defender como xefe da oposición”. Lembra que as súas iniciativas antes de 2009 defendían excluír da Fundación Galicia Emigración a nunca cargos das xuntas directivas ou representantes de organizacións políticas. Malia que o PP impuña daquela a máis alta esixencia para os apoderados dunha Fundación xestionada por un padroado do que participaba a Xunta, cun cargo que non levaba aparellada retribución económica, hoxe “non ten empacho en nomear ao mais alto representante institucional da Xunta no exterior como presidente do PP en Arxentina”. Critica a “frivolidade e irresponsabilidade” demostradas polo presidente da Xunta, que “obriga aos galegos e galegas a pagarlle, con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, o salario e os gastos do presidente do PP en Arxentina”. Con ese salario, engade, poderá dedicarse a “captar votantes para a a súa formación”. Soneira cualificou a Feijóo de “trilero político sen a dignidade esixible a un presidente da Xunta”, como ten demostrado ao “difamar aos seus antecesores en canto

á utilización de fondos públicos para viaxes partidarias e acusando aos adversarios de terlle envexa das viaxes cando aínda están por explicar as súas excursións con cargo a fondos procedentes do narcotráfico”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar