Feijóo falta á verdade sobre a venda da venda das centrais de Ferroatlántica en Cee

Feijóo falta á verdade sobre a venda da venda das centrais de Ferroatlántica en Cee

Feijóo falta á verdade sobre a venda da venda das centrais de Ferroatlántica en Cee

A Comisión de Industria aprobou hoxe unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que paralice a segregación das actividades de produción de enerxía eléctrica e ferroaleacións por parte de Ferroatlántica e que non autorice a venda das centrais nos ríos Xallas e Grande. A proposta foi presentada pola deputada Loli Toja, que criticou a falla de transparencia do PP e do goberno, que “a día de hoxe continúan negando un proceso xa anunciado nos medios”.

A responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de incumprir o seu compromiso de transparencia no proceso, asumido cos alcaldes da comarca, aos que enganou “xunto con tódolos veciños da Costa da Morte”. Toja sinalou que a Xunta anunciou en campaña electoral un investimento da empresa en Sabón ao que esta se comprometera a cambio da venda das centrais.

Ademais, levou á Comisión a información dos principais diarios económicos, que o pasado dous de febreiro anunciaba a venda de 12 centrais hidroeléctricas por parte de Villar Mir para conseguir 255 millóns de euros destinados a recortar a débeda do grupo e “mellorar a súa situación patrimonial”.

Criticou que “teñamos que enterarnos pola prensa económica da operación de venda das centrais”, malia contar co compromiso de transparencia por parte do presidente da Xunta e malia ter “soportado as acusacións do PP, que negou a operación ata o final”.

Plácet do goberno

Reclamoulle ao PP e ao goberno que non autoricen o proceso, que depende en última instancia do plácet do goberno. Esixiu que apoien a unha comarca que vive pendente do final dun proceso do que dependen 400 postos de traballo directo e boa parte de traballos indirectos “cando contan xa cun 20 por cento de desemprego”.

Ademais, esixiu que garantan a continuidade da actividade produtiva e dos postos de traballo na factoría de Cee, e que “os postos de traballo que se derivan da xestión, administración, contabilidade e explotación da división de enerxía recaian no centro de traballo de Cee – Dumbría – Centrales Hidroeléctricas”.

Acusou ao goberno galego de “poñer por enriba os intereses do empresario”, esquecendo a enorme débeda histórica daquel cunha comarca que conta con 50 viúvas pola silicose e enfermidades laborais provocadas por unhas actividades que tiveron as portas abertas para explotar os seus recursos naturais.

Hoxe, dixo, toda a comarca “vive coa angustia de non saber qué vai ser dos seus postos de traballo” e dunha industria que é “o motor da nosa comarca”, que non pode permitirse a perda do investimento.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1. Esixir a empresa Ferroatlántica o mantemento da actividade productiva e dos postos de traballo na factoría de Cee-Dumbría a través das inversións necesarias para este fin. Traballar con Ferroglobe para conseguir o desenvolvemento dun Plan de modernización das súas fábricas en Galicia que conte co máximo respaldo social e sindical.
2. Velar polo mantemento das condicións establecidas nos documentos concesionarios vixentes das centrais hidroeléctricas con aproveitamento nos ríos Xallas e Grande, e moi especialmente as seguintes:
a) Non poderán segregarse de Ferroatlántica SA as actividades de ferroaliaxe e de producción de enerxía eléctrica polas centrais.
b) A perda por parte de Ferroatlántica SA da súa condición de titular dos aproveitamentos sinalados ante calquera acredor, memos pignoraticio, será causa de extinción destes nos termos establecidos nos documentos concesionarios.
3. Solicitar que os postos de traballo que se derivan da xestión, administración, contabilidade e explotación da división de enerxía, recaian no centro de traballo de Cee-Dumbría-Centrales Hidroeléctricas, como así foi desde sempre, na historia de Carburos Metálicos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar