Feijóo, "falabarato" para agochar o fracaso do seu modelo económico

Feijóo, “falabarato” para agochar o fracaso do seu modelo económico

Pleno del parlamento

Pleno del parlamento

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, cualificou hoxe a Feijóo de “falabarato” por ter presentado como éxito unha xestión económica que suporá unha “década perdida” para Galicia, que no mellor dos casos volverá en 2020 aos índices de 2009. Así o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta na que situou a Feijóo “no espello” das súas propias declaracións cando formaba parte da oposición.

Méndez Romeu lembrou as críticas do entón líder da oposición contra a política económica, a xestión da acuicultura, o lácteo, o eólico, o forestal ou a pesca e criticaba a situación dos galegos e galegas que tiñan que “abandonar Galicia porque non poden pagar a hipoteca nin teñen traballo”.

Oito anos despois, dixo, Galicia ten 138.000 ocupados menos e 60.000 parados máis, perdeu 52.000 contratos indefinidos, 37.000 temporais e 150.000 a tempo completo, os salarios están “en caída libre”, unha terceira parte da poboación está en risco de pobreza e os mozos e mozas mellor formados teñen que emigrar para poder traballar.

Acusou ao presidente da Xunta de demostrarse como “inconsecuente, tan disciplinado cos poderosos e tan explotador cos débiles” aos que fai padecer o “fracaso” do seu modelo económico a través do “paro galopante, pobreza e desigualdade estrema”.

Feijóo “afundiu definitivamente” ás persoas que dicía defender, e o que fixo foi “rachar toda esperanza, desprezar a súa formación, transformalas en man de obra barata, invitalas a emigrar e desposuílas de dereitos sociais”.

Corrupción

O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de “evitar abordar os grandes problemas do país” buscando “multiplicar os discursos sobre os demais partidos” e “alimentar descaradamente especulacións sobre o seu futuro”. Polo camiño, dixo, evita responder ao escándalo polo presunto tráfico de influenzas “dunha persoa do seu círculo privado” –en alusión a Pachi Lucas- “como si non se enterara ou non fora relevante”.

Méndez Romeu apuntou ao particular descoñecemento do presidente galego da trama Gürtel, o caso Bárcenas ou o “latrocinio a grande escala en Valencia”, obviando que formaba parte da dirección nacional do PP no auxe destas tramas corruptas.

Como exemplo, amosou unha imaxe dun mitin que compartiu en Valencia con Rita Barberá, Camps, Acebes e Rajoy, “a meirande parte deles imputados por asuntos que debera coñecer pero dos que non se enterou”.

Mesmo aludiu á recente condena ao narcotraficante amigo de Feijóo Marcial Dorado “por branquear enormes cantidades de cartos nos anos de amizade con vostede”. Méndez Romeu ironizou con que “seguramente vostedes non falaban de asuntos menores como drogas ou branqueo e si asuntos insubstanciais como a neve e outros”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar