Feijóo fai un ERE encuberto na sanidade ao non repoñer médicos xubilados

Feijóo fai un ERE encuberto na sanidade ao non repoñer médicos xubilados

Feijóo fai un ERE encuberto na sanidade ao non repoñer médicos xubilados

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que “cese co ERE encuberto na sanidade”. Así o dixo nunha rolda de prensa na que salientou o balance “absolutamente negativo” da xestión da sanidade pública por parte do goberno de Feijóo e esixiu un xiro de 180 graos para blindar a sanidade pública.

Acuña fixo alusión hoxe ás críticas vertidas polos colexios médicos galegos, que advirten que o goberno galego renuncia a repoñer as prazas de médicos xubilados, o que de facto supón un ERE encuberto. Así o dixo logo de facer unha radiografía da sanidade pública galega, que hoxe vese afectada pola folga de transporte sanitario, e as listas de espera aumentaron un 30 por cento.

A responsable socialista continuou co listado de problemas neste sector aludindo aos “profesionais deprimidos e desmotivados” pola xestión do goberno galego, cos pacientes “amedrentados” diante da implantación do copago sanitario, as infraestruturas prometidas “completamente paralizadas” e a sanidade pública, en definitiva, en “caída libre”.

Aludiu ao informe sobre “Profesión Médica e Reforma Sanitaria” encargado por Feijóo e elaborado pola Organización Médica Colexial. Acuña considera “grotesco” que a Xunta fixara a atención nunha carta de agradecemento asinada polo presidente do organismo, “amigo persoal” de Feijóo, e non nas recomendacións de renunciar ao modelo de financiamento público – privado, como no Hospital de Vigo.

Sinala que o documento tamén reclama unha financiación “suficiente, estable e finalista”, recomenda retomar o Plan de Mellora, potenciando a atención primaria, ou mudar a xestión por procesos, defendida pola actual conselleira, para aplicar un enfoque integral do paciente.

Acuña reclamou tamén que o goberno “renuncie a politizar os cargos de responsabilidade” toda vez que “as xefaturas de servizo e as xerencias están copadas por primas, maridos e demais familiares do goberno galego”. Tamén reclamou que atenda ás recomendacións de dito informe no tocante a “repoñer as áreas sanitarias” que Feijóo desfixo.

Recortes

A portavoz de Sanidade amosou a súa sorpresa polo feito de que o presidente da Xunta “utilice os piropos plasmados polo seu amigo José Rodríguez Sandín nunha carta que acompañaba ao documento para lexitimar os recortes sanitarios”. Neste sentido, esixiulle que “explique si vai poñer en marcha o euro por receita dentro da súa política de aforro sanitario” e que analice o gasto xerado polo medicamentazo.

Acuña advertiu que o goberno galego está a destinar todo o seu esforzo en controlar o gasto farmacéutico ambulatorio mentres renuncian a controlar o gasto hospitalario ou a aplicar a receita por principio activo. Reclamou así “equidade no copago”, xa que, dixo, un pensionista na súa casa ten que repagar polos seus medicamentos, mentres que si está nunha residencia privada non, por estar dispensados a través da farmacia hospitalaria.

A responsable socialista puntualizou hoxe ademais que foi o PP e Feijóo os que votaron en contra da proposición de Lei presentada polos socialistas para blindar a sanidade pública. Advertiu ademais que “só pactaremos co PP no caso de que se comprometan a anular o Real Decreto 16/2012, devolvéndolle á sanidade a condición de dereito universal”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar