Feijóo fai retroceder o orzamento das universidades un mínimo de dez anos

Feijóo fai retroceder o orzamento das universidades un mínimo de dez anos

Concepción Burgo reducido 2A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, advertiu hoxe que o Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia presentado pola Xunta o nivel orzamentario retrocederá como mínimo dez anos. Na comparecencia do conselleiro no Pleno do Parlamento, a deputada socialista advertiu que o SUG está hoxe a nivel de 2005.

Ademais, dixo, cos orzamentos postos enriba da mesa pola Xunta, as universidades galegas non recuperarán o nivel de 2009 ata o ano 2020, co que iso supón de perda de oportunidades, crecemento e postos no ránking de universidades.

Sinalou que o goberno de Feijóo reduciu os fondos destinados ás universidades nun 15 por cento dende o ano 2009, e acusounos de presentar datos falsos, ao anunciar que teñen destinado 2.200 millóns de euros a investimento nos últimos cinco anos, cando “apenas acadan 1.890”.

Advertiu que a Xunta quere prorrogar esta mentira ao asegurar un crecemento do 18 por cento nos orzamentos do próximo Plan de Financiamento, cuns supostos 2.479 millóns de euros, pero agochan que 410 destes corresponden a “fondos discrecionais”.

Estes fondos, advertiu, son “de orixe e destino descoñecidos”, e acusounos de incluír nos orzamentos previstos pola Xunta os fondos propios adquiridos polas universidades a partir de convenios ou captación de fondos.

Universidade máis pobre

A deputada socialista acusou a Feijóo de provocar “unha Universidade máis pobre” cunha “importantísima redución de recursos económicos” diminuíndo o investimento en I+D das universidades do 0,9 ao 0,65 por cento do PIB, sen contar cos 60 millóns de euros que deixaron sen executar no exercicio de 2015.

A esta situación súmase unha “forte precarización” do persoal, que viu reducido o seu poder adquisitivo nun 30 por cento, con docentes impartindo dúas ou tres asignaturas por 300 euros ao mes e substituíndo profesores a tempo completo por contratos a tempo parcial por menos de 1.000 euros ao mes.

Ademais, acusou a Feijóo de castigar aínda mais os salarios do persoal docente recortando os complementos de excelencia, chegando ao paradoxo de que “con vostedes é prexudicial ter excelencia universitaria, xa que canta máis calidade se demostra aplican un maior recorte”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar