Feijóo estase a rir dos galegos e das galegas ao renunciar ao dique flotante

Feijóo estase a rir dos galegos e das galegas ao renunciar ao dique flotante

Feijóo estase a rir dos galegos e das galegas ao renunciar ao dique flotante

Carmen Gallego denuncia que o PP “traizoa” a Galicia ao buscar “subterfuxios” para renunciar á infraestrutura e condenar a Ferrolterra á depresión económica.

Acusa ao goberno galego de incumprir tódalas iniciativas parlamentarias aprobadas durante o ano 2013 propostas por tódolos grupos, incluído o PP.

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou ao presidente da Xunta de “rirse dos galegos” ao renunciar ao dique flotante para Ferrol. A responsable socialista advirte que a Xunta “réndese e renuncia a buscar vías para facer a obra porque non quere asumir a infraestrutura condenando a unha comarca enteira con consecuencias graves para todo o naval de Galicia”.

A responsable socialista acusou ao PP e ao seu presidente de “traizoar a Galicia” ao buscar “subterfuxios” para renunciar á infraestrutura mentres no Parlamento de Galicia aprobaba iniciativas a favor. En opinión de Carmen Gallego, a resposta de Bruxelas rexeitando o dique é a “escusa perfecta que estaba buscando o goberno galego” e que “practicamente pediulle a Bruxelas que rexeitara a obra como unha axuda pública”.

Os gobernos central e autonómico, explicou, negáronse a continuar a tramitación da obra como ampliación de infraestruturas, unha vía iniciada por Zapatero que si resultaría viable. Do mesmo xeito, dixo, Feijóo e Rajoy “néganse a volver a dita vía e a explorar outras como a excepcionalidade de financiamento para comarcas con altos índices de desemprego porque en realidade non queren investir un euro en Ferrol”.

Acusou ao presidente da Xunta de “utilizar a Bruxelas como chivo expiatorio para aforrarse a construción dunha infraestrutura vital para a continuidade de Navantia como empresa pública”.

Iniciativas parlamentarias

Gallego lémbralle ao goberno galego que aínda ten pendente de cumprimento as iniciativas aprobada no Parlamento ao longo de todo 2013 propostas por tódolos grupos parlamentarios, incluído o PP, para reclamarlle o dique ao goberno central.

Feijóo, dixo, “demostra cada día que pasa que está tomando o pelo aos galegos, xa que ou ben carece de peso político diante do seu goberno amigo de Madrid ou ben nos engana a todos facendo promesas que non pensa cumprir”.

Advertiu que “hoxe coñecemos a verdade do esperpento protagonizado por Feijóo e o PP nos últimos anos”, e lembrou que mentres en Galicia aprobaban a construción da obra, no Senado o propio PP votaba contra as emendas socialistas para incluíla nos orzamentos.

Denunciou a “obsesión cosmética” do presidente da Xunta, que “aprobou nos orzamentos de 2013 unha emenda socialista para destinar 5 millóns de euros ao dique simplemente para quedar ben” como demostrou que “ao longo do ano esas partidas foron fraccionadas e destinadas a diferentes asuntos do goberno galego ata deixar o caixón baleiro e aos ferroláns e ferrolás sen futuro laboral”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar