Feijóo defende ás caixas e abandona aos afectados pola fraude das preferentes

Feijóo defende ás caixas e abandona aos afectados pola fraude das preferentes

Feijóo defende ás caixas e abandona aos afectados pola fraude das preferentes

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, criticou hoxe que o presidente da Xunta de Galicia “estea mais por defender os intereses das entidades financeiras que os dos afectados pola fraude das participacións preferentes”. Presentou unha iniciativa parlamentaria para que os afectados recuperen a totalidade do diñeiro estafado por NGB.

 

O responsable socialista criticou que o presidente da Xunta permaneza “silente, ausente e fuxido” diante do novo marco regulatorio que aprobará o Consello de Ministros o venres, o coñecido como Memorándum de Entendemento –MOU-. Advertiu que este marco suporá “impoñer unha quita de entre o 50 e o 70 por cento a milleiros de galegos e galegas que foron estafados polas entidades financeiras.

 

Lamentou que Feijóo non teña presentado “nin unha soa proposta diante da Comisión Europea ou do goberno do Estado para que nas negociacións do MOU respectasen os aforros dos 43.000 galegos clientes de NGB que foron enganados. Replicou que a proposta de arbitraxe resulta unha solución “moi selectiva para determinados casos escollidos pola entidade” e que deixa á maioría de afectados “sen solución”.

 

Juan Carlos Francisco Rivera Dixo que o presidente da Xunta é “responsable cando menos por omisión, por avalar unha fusión financeira lesiva que deu pe a toda esta situación”. Lembrou que a Xunta comezou avalando a unión das caixas galegas en base a unha auditoría elaborada por KPMG e pagada con diñeiro público que a día de hoxe non foi feita pública, co que “vulnera o dereito dos cidadáns a coñecer o que pasou”.

 

Presentou unha proposición non de Lei, que será debatida no Parlamento de Galicia e no Congreso, na que reclama a devolución de todos os aforros aos cidadáns afectados. Sinala que estes “non son inversores, e polo tanto non se lles pode aplicar a quita prevista no MOU”, e reclamou que sexan o Banco de España e a CNMV os que determinen quén é inversor e quén aforrador, e “nunca unha auditoría de NGB”.

 

Á intemperie

 

Juan Carlos Francisco Rivera replicoulle a De Guindos que malia as condicións que supostamente van aplicar ás participacións preferentes no futuro, a realidade é que “deixan á intemperie,abandonados” aos clientes agora afectados. Preguntoulle ao ministro de Economía si espera que, logo do que ten pasado, “algún aforrador pense en contratar de novo este produto”.

 

Engadiu que NGB “non ten ningún futuro se non se resolve isto, e a única forma de resolvelo é devolver o diñeiro”. Puntualizou que os socialistas “estaremos en todo momento cos cidadáns estafados e cos aforradores e “claramente en contra ás condicións, ao método de negociación e ás conclusións” do Estado para impoñer unha quita de entre o 50 e o 70 por cento do aforrado.

 

Dixo que as negociacións entre o Estado e a UE, que deron como resultado o MOU, resultan “absolutamente lesivas e claramente prexudiciais para milleiros de tenedores de participacións preferentes en Galicia”, entre eles os que estes días estanse manifestando en tódalas cidades e vilas galegas.

 

Puntualizou que “a única solución viable é devolverlle o diñeiro aos cidadáns” xa que, explicou, “trátase dun problema político que hai que conectar co sistema financeiro, e si resulta que hai 60.000 millóns de euros para a recapitalización da banca, ten que haber 952 para devolverlle os aforros aos clientes estafados por NGB”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar