Feijóo esnaquiza e esmaga as políticas de innovación e investigación

Feijóo esnaquiza e esmaga as políticas de innovación e investigación

Feijóo esnaquiza e esmaga as políticas de innovación e investigación

O Portavoz de Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu interveu no Pleno do Parlamento, mediante unha moción, para reclamar ao Goberno de Feijoo manter intactos os orzamentos de 2012 para Educación e I+D. O deputado reclamou ao Goberno Galego que acade en 2015 unha taxa de titulados na ESO superior ao 80 por cento e un abandono en bacharelato e FP inferior ao 15 %. A proposta foi rexeitada polo Partido Popular.

Alí denunciou os constantes recortes de Feijoo en materia de investigación, innovación e desenrolo do Partido Popular. Criticou a diminución orzamentaria dun 8% en educación, dun 8% en universidades e no que se refire a investigación nun 20%. Sinala que a dereita non ten referentes ideolóxicos que poidan defender a presentar diante da cidadanía.

Emprazou ao executivo autonómico a frear a reducción de gasto, e tamén a impedir o esnaquizamento e o esmagamento da investigación na nosa Comunidade. En resumen “Núñez Feijoo ten quen a rematar coa políticas restrictivas en educación, investigación e de universidades”, espetou.

36 empresas reciben menos de 100 euros

O parlamentario socialista asegura que a Consellería de Economía e Industria esta dando subvencións de 3 euros a empresas para a formación de capital humano. Dixo que hai 36 empresas que reciben menos de 100 euros, 3 empresas que reciben menos de 6 euros e 1 empresa que recibe 3 euros. E insistiu nas criticas “os votos forman gobernos, pero non dan razóns, porque as razóns acredítanse”.

Méndez Romeu esixiu na súa intervención ao goberno de Feijoo “que programe os recursos humanos e económicos suficientes, así como as adaptacións organizativas necesarias” para que no ano 2015 Galicia acade unha taxa de titulados na ESO superior ao 80 por cento. Esta iniciativa cifra tamén como obxectivo para ese ano que o abandono de estudantes de Bacharelato e Formación Profesional sexa inferior ao 15 por cento.

Méndez Romeu reclamou á Xunta que asuma como obxectivo irrenunciable que “os resultados na vindeira avaliación do informe PISA melloren nun 20 por cento no segmento superior”, e que a taxa de estudantes de FP medre nun 10 por cento no ano 2015.

Propón á Xunta unha liña de axudas para a conciliación do estudo e o traballo para aumentar os titulados de bacharelato e FP entre 20 e 24 anos. Tamén reclamou que impulse, cos axentes sociais e empresariais, o proceso de Acreditacións Profesionais ata cubrir os perfís profesionais con mais ocupación, ademais de impulsar unha maior implicación das empresas na FP regrada.

Empraza á Xunta as que promova a utilización das novas tecnoloxías acelerando os procedementos administrativos telemáticos para que, en tres anos, a metade destes se cursen integramente en contornos telemáticos. Solicita ademais a dotación de aulas tecnolóxicas en todos os centros da terceira idade e que garanta a accesibilidade aos recursos das persoas con discapacidade.

Méndez Romeu pediulle ao goberno galego que promova, de acordo coas universidades e colectivos investigadores, a participación de grupos galegos de investigación nos programas de excelencia como Cenit, Consolider e as convocatorias do Consello Europeo de Investigación. Considera imprescindible o reforzo dos grupos de investigación e potenciando o funcionamento das OTR con maior capacidade de asesoramento.

Ademais o portavoz de Innovación propón que a Xunta retome o programa Manuel Colmeiro para a consolidación dos investigadores, e promova o desenvolvemento de liñas de investigación en todos os hospitais da rede pública e os centros tecnolóxicos dependentes da Administración. Tamén solicita a creación dunha institución para a captación de investigadores noutros territorios.

A maiores solicitou o impulso do ensino de idiomas co intercambio de 300 profesores e profesoras de idiomas con outros países, así como estadías de estudantes de bacharelato e FP en paro supeditadas a cursos de idiomas de 20 horas semanais. En concreto, propuxo a creación dunha unidade de apoio á investigación no marco da Fundación Galicia – Europa, así como un marco de convenios con autoridades educativas doutros países que permita duplicar o número de profesores nativos para ensinanzas de idiomas durante o curso académico.

Películas en inglés

Tamén solicitou unha liña de préstamos e axudas para estadías no estranxeiro de titulados de FP ou bacharelato en situación de desemprego que lles permita acadar competencia en idiomas. Finalmente reclamou que a TVG ofreza películas e series en versión orixinal subtituladas cando a lingua orixinal sexa o inglés.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar