Feijóo escamotea a calidade democrática ao non explicar o financiamento irregular do PPdeG

Feijóo escamotea a calidade democrática ao non explicar o financiamento irregular do PPdeG

Feijóo escamotea a calidade democrática ao non explicar o financiamento irregular do PPdeG

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou hoxe a negativa de Feijóo a comparecer no próximo Pleno do Parlamento polo financiamento irregular do PPdeG, que se une á negativa á comparecencia do conselleiro Rueda para explicar a falsa trama de financiamento do sindicato Unións Agrarias e o PSdeG, que ven de ser desmentida pola xustiza.

 

Losada explicou, logo da xuntanza da Xunta de Portavoces, que as dúas negativas son o mellor exemplo do “muro” e o “rodillo parlamentario” que utiliza o PP e que reduce drasticamente a calidade democrática da vida política de Galicia. Criticou que “mentres montan tramas falsas sobre outros partidos néganse a dar conta das propias tramas de financiamento irregular” que evidencian as contas do ex tesoureiro Luis Bárcenas.

 

O responsable socialista respondeulle ao presidente da Xunta, quen evidenciou “nerviosismo” dentro do PP polos “papeles de Bárcenas”, que “a mellor terapia é falar sen faltar á verdade”, polo que recomendoulle que acepte a comparecencia no Parlamento de Galicia.

 

Explicou que os socialistas presentarán unha interpelación para que a Xunta explique a relación coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo Marcial Dorado. Considerou “escandaloso” que o propio PP votara no último Pleno “en contra de cumprir coa Lei” ao rexeitar unha iniciativa socialista para que o goberno cumpra coa súa obriga de remitirlle ao Parlamento ditos contratos, o que evidencia que “teñen algo que ocultar”.

 

Abel Losada lamentou que o mesmo rodillo do PP impediu aprobar nesta Xunta de Portavoces a proposta do PSdeG para constituír unha Comisión de Estudo sobre a situación da seguridade ferroviaria en Galicia, presentada logo do accidente de Angrois.

 

Anunciou que o presidente do Grupo Parlamentario, Pachi Vázquez, utilizará a sesión de control ao goberno para preguntarlle a Feijóo polos efectos dos recortes nos servizos públicos de Galicia, onde actualmente 90.000 fogares teñen a tódolos seus membros no paro e outros 30.000 carecen absolutamente de ingresos. Ademais, os socialistas presentarán unha interpelación sobre os recortes no ensino e unha moción sobre o naval.

 

 

 

 

Franquismo

 

Losada amosou hoxe a súa “vergoña e perplexidade” pola “condescendencia” demostrada polo PP logo de que o alcalde de Baralla xustificara o franquismo, o que, dixo, demostra que “a estrema dereita fascista española está aí”, en alusión ao PP. O portavoz socialista rexeitou calquera tipo de desculpa e, dixo, “a única resposta que pode dar diante desta inmoralidade é irse, e si non o seu partido tiña que botalo”.

 

Dixo que “os demócratas galegos e españois están avergoñados hoxe” logo de que o alcalde do PP “xustificara unha barbaridade cos mesmos argumentos que empregaron os nazis” no seu ascenso ao poder antes da II Guerra Mundial. Considerou que estas declaracións son “impensables en calquera outro país da Europa occidental” e, dixo, demostra que “o PP ten un problema psicoanalítico serio co franquismo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar