Feijóo engana dúas veces aos afectados polas preferentes

Feijóo engana dúas veces aos afectados polas preferentes

Feijóo engana dúas veces aos afectados polas preferentes

A viceportavoz do Grupo Socialista e responsable da área económica do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, acusou hoxe ao P de “enganar dúas veces” aos afectados polas preferentes. Referiuse así á paralización do proceso de arbitraxe logo das eleccións e, hoxe, á imposición dunha quita pola que os estafados “perderán parte dos seus aforros”.

A responsable socialista dixo que “os socialistas non aceptamos nin quita nin canxe, queremos a devolución dos aforros íntegros para as persoas estafadas” e advertiu que “por moito que escapen, Feijóo e Rajoy non poden fuxir da súa responsabilidade”. Aludiu á decisión do PP de cambiar o seu Congreso de Pontevedra a Silleda para eludir a manifestación convocada polos afectados mañá sábado na capital do Lérez.

Reclamoulle ao presidente da Xunta que “dea a cara” logo de ter consentido a imposición dunha quita a través do Real Decreto de reestruturación do sistema financeiro, que o FROB cuantificará hoxe pola tarde. Dixo que “o “PP ten que rendir contas, e o presidente Feijóo ten que garantir a arbitraxe para todas as persoas estafadas”.

Acordo do Parlamento

Carmen Gallego denunciou que o PP teña aceptado a semana pasada por unanimidade unha iniciativa socialista para rexeitar a quita e reclamar a arbitraxe “e onte Feijóo despacharse pedindo tranquilidade e sen esixirlle ao goberno central que non estableza esa quita para os afectados e afectadas pola fraude das participacións preferentes e obrigas subordinadas de Galicia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar