Feijóo engana aos galegos e galegas co seu cambio de postura sobre Ence

Feijóo engana aos galegos e galegas co seu cambio de postura sobre Ence

Feijóo engana aos galegos e galegas co seu cambio de postura sobre Ence

Ence PontevedraA portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “enganar aos galegos” ao votar no Parlamento a favor do traslado de Ence fora da Ría de Pontevedra, un compromiso que tamén estaba escrito no seu programa electoral de 2012.

Vilán reclamoulle hoxe ao goberno galego que responda do incumprimento do seu programa electoral e do mandato do Parlamento, así como do engano ao situar no goberno central a decisión final sobre a prórroga da fábrica na Ría. Lembrou que “o goberno central pertence ao mesmo partido político que vostedes” e aclarou que “non dixeron nada” cando cambiou a Lei de Costas para abrir as portas á prórroga.

A deputada socialista preguntou hoxe polo sentido último das declaracións de Feijóo cando sinala que “a alternativa de Ence non é o traslado, é o peche”, e comprometerse con un suposto programa electoral que di xustamente o contrario.

Quixo saber si as respostas diverxentes do presidente da Xunta “corresponden a dous presidentes diferentes: un que ven ao Parlamento a responder unha cousa e outro que viaxaba nun iate co narcotraficante Marcial Dorado”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar