"Feijóo engana aos galegos ao reclamar fondos adicionais que son unha cortiña de fume para agochar a súa incapacidade"

"Feijóo engana aos galegos ao reclamar fondos adicionais que son unha cortiña de fume para agochar a súa incapacidade"

"Feijóo engana aos galegos ao reclamar fondos adicionais que son unha cortiña de fume para agochar a súa incapacidade"

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, María José Caride, acusou ao presidente da Xunta de “enganar aos galegos” con peticións de fondos adicionais “irreais” que constitúen “unha cortiña de fume para agochar a súa incapacidade e tapar os malos resultados económicos e o recorte de servizos públicos da Xunta”.

Explicou que esta petición de 800 millóns de euros non ten reflexo nos orzamentos da Comunidade Autónoma e recordoulle á Xunta que o PSdeG-PSOE continúa á espera, dende o mes de febreiro, do informe que avala a súa solicitude de orzamentos adicionais ao Estado.

Así o evidencia, engadiu, que o actual modelo de financiamento autonómico fora avalado e asinado polo PP e por Feijóo como presidente da Xunta de Galicia, polo que recomendoulle que “en lugar de laiarse e enganar aos cidadáns recortando servizos públicos coa escusa da crise execute o seu orzamento e poña en funcionamento os instrumentos do Igape que hoxe permanecen paralizados e sen dirección”.

Irresponsabilidade orzamentaria

A portavoz de Facenda e Orzamentos sinala que a Xunta é “a única que cometeu unha irresponsabilidade ao incluír nos presupostos os supostos 243 millóns de euros correspondentes ao Fondo de Cooperación sen que foran confirmados polo Ministerio de Economía”.

Lembrou que corresponden a un anticipo de fondos que o Ministerio considera que non debe pagar a ningunha Comunidade Autónoma en todo o Estado, polo que a xuntanza de hoxe “respondeu ao que se esperaba: un debate de interpretación técnica do modelo de financiamento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar