Feijóo empezou xa a aplicar o copago na sanidade pública galega

Feijóo empezou xa a aplicar o copago na sanidade pública galega

Feijóo empezou xa a aplicar o copago na sanidade pública galega

A deputada do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Acuña interveu na Comisión 5ª do Parlamento para coñecer a razón polo cal o Goberno de Feijoo non realiza a técnica cirúrxica do ganglio centinela no Hospital do Barco.

A deputada explicou que no Hospital Comarcal do Barco poderíase estar realizando a técnica do ganglio centinela nas pacientes intervidas de cancro de mama. Subliña que o parataxe necesario para realizar esta técnica foi mercado polo Hospital pero advirte que permanecen sen estrear “algo que non é moi austero”. E reclamou as mellores técnicas para estas doentes nos Comarcais, e criticou a supresión das unidades móbiles de cancro de mama.

Acuña emprazou ao Goberno Autonómico a formar profesionais sanitarios para que se poida realizar esta técnica “melloren os servicios”, e insistiu “non supón grandes esforzos económicos”.

Na súa intervención Acuña debullou un panorama desolador no sistema sanitario galego. Dixo que Feijoo non entende a igualdade e a universalidade para a sanidade publica galega.

A deputada afirma que na folla de ruta do PP a sanidade entendese “como a privatización das infraestructuras, ademais dun goberno que hoxe xa empeza a aplicar o copago sanitario”, espetou.

Nega asistencia sanitaria aos inmigrantes

Asevera que a tarxeta sanitaria condena aos pacientes a pagar por servicios que son universais e gratuítos, e preguntouse “quen vai ser o xuíz que vai decidir o mal uso da sanidade publica de Galicia”. Replica tamén que o Goberno de Feijoo nega asistencia sanitaria aos inmigrantes.

Desmantelar os Hospitais Comarcais

A maiores acusou ao Goberno de Feijoo de desmantelar os Hospitais Comarcais amparándose no decreto da area integrada que facía desaparecer as pequenas areas sanitarias. Dixo que a representante do Goberno cualificou “de despilfarro” a sonda mercada para mellorar a atención das mulleres enfermas de cancro de Valdeorras, e ademais anunciou que a partir de agora terán que acudir operarse a Ourense o que supón mais de 100 qm.

Asevera que o anuncio sobre a creación das unidades permanentes de mama dos Comarcais “é unha nova milonga do PP”, resumiu.

Acuña dixo que o PP cebase sempre co mais débil “cos inmigrantes, cos maiores ou con enfermos de VIH”, en alusión aos recortes que sufre nas partidas destas Consellerías.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar