Feijóo embarra e deteriora as institucións para evitar dar conta do presunto financiamento irregular do PP

Feijóo embarra e deteriora as institucións para evitar dar conta do presunto financiamento irregular do PP

Feijóo embarra e deteriora as institucións para evitar dar conta do presunto financiamento irregular do PP

Grupo SocialistaO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “embarrar o debate” e favorecer o “deterioro das institucións” para evitar comparecer “para falar do presunto financiamento irregular da súa formación política”. O responsable socialista levou o “medo á transparencia” demostrado por Feijóo á sesión de control ao presidente.

O responsable socialista dixo que o presidente da Xunta “acredita que non quere dar explicacións” na Cámara cando os sumarios, declaracións e informes xudiciais “evidencian unha colusión de intereses entre o seu partido, determinadas empresas e algunhas persoas no desvío de fondos públicos”. Ademais, advertiu “actuacións de dirixentes do seu partido que comprometen gravemente” ao propio Feijóo.

Méndez Romeu aludiu así á Operación Zeta, que investiga o desvío de fondos de formación dende a Consellería de Traballo concedidos irregularmente á empresa Azetanet, e que presuntamente foron desviados tamén ao financiamento irregular do PP, coa implicación como “conseguidor” do amigo persoal de Feijóo e empresario Pachi Lucas.

Sinalou que os autos xudiciais desta operación e de diversas investigacións en curso reflicten “donativos, intermediarios, mesmo empresas pantasma e unha morea de nomes de dirixentes do seu partido” que “calan”. Apuntou así ao actual alcalde da Coruña, Carlos Negreira e a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, implicados na Operación Zeta, e ao presidente do PP e da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, tamén investigado por financiamento irregular.

O portavoz socialista sinalou que, logo de que a conselleira de Traballo anunciara a súa comparecencia para dar explicacións do escándalo cos fondos de formación, “agora falla que vostede compareza para falar do presunto financiamento irregular da súa formación política”. Acusou a Feijóo de demostrar “desprezo á xente” eludindo dar resposta cando “a verdade é molesta, as explicacións superfluas e a evidencia incómoda”.

Enumerou as 29 solicitudes de comparecencia que os socialistas galegos lle trasladaron ao presidente da Xunta no último ano, sen que admitira ningunha delas porque “dende a súa soberbia considera que 15 minutos quincenais son suficientes”. Os socialistas reclamaron a presenza de Feijóo para dar conta do paro, da situación económica, das viaxes oficiais, das caixas de aforro, da reforma dos partidos xudiciais e “tamén os escándalos”.

Dixo que a negativa bizantina de Feijóo a dar explicacións é o que obriga ao grupo socialista a “recorrer aos demais mecanismos parlamentarios”, como son as preguntas ao presidente, as interpelacións e as preguntas orais ao goberno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar