"Feijóo é un buchipluma, non pesa nada no seu partido"

"Feijóo é un buchipluma, non pesa nada no seu partido"

“Feijóo é un buchipluma, non pesa nada no seu partido”

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, debullou hoxe ao presidente da Xunta co adxectivo de orixe cubano “buchipluma”, que describe a alguén “insignificante” (RAE). “Non pesa nada dentro do seu partido”, sinalou, o que lastra os investimentos do goberno en Galicia, con Rajoy afanado en “desinflar ese globo con profesionalidade e discreción”.

Explicou que o presidente do goberno ve ao presidente galego “como unha ameaza máis que como un colaborador necesario”, e o converte nunha “eterna promesa que non termina de dar o salto”. Esa é a explicación de que a maioría absoluta do PP en Galicia non se traduza nun maior peso político a nivel estatal, xa que “quixo erixirse nunha alternativa que se amosou demasiado”.

Fernández Leiceaga desafiou a Feijóo a demostrar o contrario “explicando cándo estaremos de facer o traxecto entre Santiago e Madrid en 2 horas e 35 minutos, como ten que facer un verdadeiro AVE”.

Sinalou que esta particular posición “combátese con unidade en Galicia arredor de obxectivos posibles”, polo que considerou que “non é unha boa noticia que En Marea se descolgara da iniciativa do Grupo Socialista presentada no Senado para reclamar infraestruturas para Galicia e poñerlle deberes ao goberno central”.

Salientou a importancia de manter a unidade en torno a ditas demandas, ameazadas polo acordo de Rajoy co PNV para acelerar a “Y vasca” ou dos anuncios de investimentos no corredor Mediterráneo”.

Consecuencias

Explicou que as consecuencias da debilidade de Feijóo constátanse en que días despois de que o Parlamento aprobara a Lei para transferir a AP-9 a Galicia, o ministro De La Serna fora o encargado de “fixar unha posición do PP contraria á que defende Feijóo dende as eleccións de 2009”.

No mesmo sentido, logo de asegurar que non había capacidade orzamentaria, acordan co PNV 1.400 millóns para o cupo vasco e un incremento de 750 millóns de euros anuais, “en contra da igualdade e da solidariedade entre autonomías, axitando un conflito con Cataluña, sen transparencia e contra un sistema multilateral.

Neste contexto é no que o goberno central aproba uns orzamentos nos que reduce de novo o investimento en Galicia como consecuencia dunha política de baixa presión fiscal que se traduce nunha redución de ingresos e polo tanto de investimentos, ao que se suma a perda de peso de Galicia”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar