Feijóo e Rueda deben "deixar de indignarse e comezar a tomar medidas" contra a violencia de xénero

Feijóo e Rueda deben "deixar de indignarse e comezar a tomar medidas" contra a violencia de xénero

Feijóo e Rueda deben "deixar de indignarse e comezar a tomar medidas" contra a violencia de xénero

banner_campaña_violenciaA viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, esixiulle ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Vicepresidencia que “deixen de indignarse e comecen a tomar medidas” para frear os crimes machistas. Así o dixo logo das “declaracións baleiras” do goberno galego logo do asasinato dunha muller pola súa parella dentro do CHOU que, dixo, “se non van acompañadas de medidas executivas non valen de nada”.

A responsable socialista esixiulle ao goberno galego que “deixen de autoexculparse e asuman dunha boa vez que os recortes orzamentarios en materia de loita contra a violencia de xénero teñen consecuencias irreversibles”. Dixo que “as mulleres xa estamos fartas de que o goberno de Feijóo faga de comentarista da actualidade” e esixiulle “que exerzan as súas competencias como goberno”.

Así o dixo logo de que Alfonso Rueda se afanara en aclarar que a Xunta “actuou correctamente”, obviando as súas competencias en materia de seguridade e as queixas dos sindicatos de policía diante da falla de medios para protexer a mulleres en risco evidente.

Instouno a “lembrar que o mesmo que ten a capacidade de recortar os orzamentos para a loita contra a violencia machista, debe tela para asumir os erros e a súa responsabilidade”. Criticou así mesmo que o vicepresidente da Xunta “esquecera” de que no seu goberno existe a secretaria xeral de Igualdade, máxima responsable política da coordinación entre as administracións na loita contra a violencia de xénero.

Comparecencias

Os socialistas galegos presentaron unha batería de solicitudes de comparecencia nas Comisións de Igualdade e de Sanidade para coñecer a opinión dos máximos responsables da seguridade das mulleres vítimas de violencia de xénero. Así o fixeron logo de presentar unha serie de preguntas parlamentarias o mesmo venres, e que o PP impedira na Mesa da Comisión de Igualdade do martes celebrar unha sesión extraordinaria do órgano para analizar o caso de Ourense.

Gallego solicitou a comparecencia do vicepresidente da Xunta, do fiscal contra a Violencia de Xénero, da Secretaria Xeral de Igualdade, do responsable da Unidade Adscrita da Policía Nacional en Galicia e da xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense para que dean publicamente a súa versión sobre os posibles fallos de coordinación e de protocolo que fixeron posible o crime da semana pasada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar