Feijóo e Rajoy deben demostrar que España é "a Alemaña do sur" e Galicia a rexión de Baviera rematando do "austericidio doutrinal" do ensino público

Feijóo e Rajoy deben demostrar que España é "a Alemaña do sur" e Galicia a rexión de Baviera rematando do "austericidio doutrinal" do ensino público

Feijóo e Rajoy deben demostrar que España é "a Alemaña do sur" e Galicia a rexión de Baviera rematando do "austericidio doutrinal" do ensino público

DocasarO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, instou hoxe a Feijóo e a Rajoy a demostrar a realidade das declaracións do presidente do goberno, que situaba a España como a “Alemaña do sur”. Reclamou así a recuperación das condicións do ensino público e o remate do “austericidio doutrinal” provocado polo seu seguidismo das directrices de Merkel.

Esta petición non foi sen embargo secundada polo PP, que rexeitou unha proposición socialista na Comisión de Educación celebrada hoxe. O responsable socialista advertira que si España é a “Alemaña do sur”, Galicia ben poidera ser equiparada a Baviera, e polo tanto sería o momento de demostrar a fortaleza da súa economía e a robustez da recuperación económica.

Docasar esixiu a restauración das condicións vulneradas pola “involución ruidosa” á que os galegos e galegas levan sometidos durante os últimos seis anos. Reclamou a reposición das condicións laborais e profesionais perdidas polo colectivo docente, así como a reposición das plantillas docentes dos centros públicos non universitarios, drasticamente recortadas nesta etapa.

Tamén demanda a mellora das instalacións e dos equipamentos didácticos dos centros educativos públicos, nomeadamente o material informático, poñéndose “mans á obra” para eliminar a fenda dixital que padecen os centros públicos galegos, cunha especial incidencia no medio rural.

Libros de texto

Docasar reclamoulle ao goberno galego que recupere o sistema de préstamo de libros de texto gratuítos, universalizado en Galicia polo goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño e desbotado por Feijóo para impoñer un modelo mais caro e mais inxusto, que multiplica o gasto das familias e da administración. Sinalou que o goberno galego debe garantir que “ningún neno vaia a clase sen libros de texto e material escolar”.

Ademais, demandou “fornecer cos recursos necesarios aos centros educativos que implantaron a FP Básica sen recibir un só euro durante todo o curso 2014-15, demostrando unha forma “trapalleira” de cambiar todo un modelo educativo cargando o seu custe aos centros educativos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar