Feijóo e o PP queren "escamotear" a Comisión de Investigación das caixas con "ignorancia e mentiras"

Feijóo e o PP queren "escamotear" a Comisión de Investigación das caixas con "ignorancia e mentiras"

Feijóo e o PP queren "escamotear" a Comisión de Investigación das caixas con "ignorancia e mentiras"

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou a “intención evidente” de Feijóo e do PP de “escamotear a Comisión de Investigación das Caixas”. O responsable socialista anunciou que o próximo mércores terá lugar unha Deputación Permanente solicitada polo PSdeG na que se votará unha solicitude de comparecencia de Feijóo pola venda de NGB e debaterase convocar un Pleno Extraordinario sobre a situación do naval galego.

Losada acusou ao presidente da Xunta de “faltarlle á verdade” á Comisión de Investigación na súa comparecencia o pasado venres, na que dixo que o Banco de España tiña informado ao goberno de Touriño para advertir da delicada situación das caixas galegas e que non remitira información algunha ao goberno entrante. Dixo que “Galicia non se merece un presidente que minta ata nunha Comisión de Investigación”.

Sinalou que o propio Touriño en persoa desmentiu ao actual presidente da Xunta negando que o Banco de España alertara diante de problemas de solvencia nas entidades, e sinalando ademais os dous informes concretos sobre a situación das caixas remitidos ao goberno de Feijóo no traspaso de poderes.

O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta e ao PP de facer do órgano de investigación unha “Comisión express ao servizo da súa estratexia electoral” para ofrecer “ignorancia e mentiras” sobre o proceso que levou á desaparición do sistema financeiro galego. Dixo que o PP quere elaborar “o perfecto cóctel para provocar o fracaso do proceso” de investigación polo Parlamento de Galicia.

Sinalou que o presidente da Xunta e o Grupo Popular están interesados en facer desta Comisión un “trampantojo, un teatro” ao acumular 45 comparecencias en tan só 9 días logo de deixar tan só 3 días para que os membros da Comisión analizaran a documentación enviada polo goberno galego, sen tempo suficiente. Criticou a celeridade logo de ter retrasado 20 meses a constitución do órgano dende que foi solicitado polo PSdeG.

Ademais, acusou ao PP de aceptar a negativa a comparecer na Comisión da ex conselleira de Facenda responsable , Marta Fernández Currás, mentres se esforzaban por pechar o órgano antes de permitir que o ex gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, comparecera no mes de setembro, como tiña solicitado.

Deputación Permanente

Losada salientou que o próximo mércores celebrarase a Deputación Permanente do Parlamento de Galicia, na que será debatida e votada a proposta dos socialistas galegos de convocar unha comparecencia do presidente da Xunta na Comisión de Economía do Parlamento para “dar conta da venda anunciada de NGB”.

O responsable socialista subliñou a responsabilidade política do PP no proceso de subasta acelerada do banco anunciada polo FROB que, dixo, “forma parte do Ministerio de Economía, e é o PP” quen decide a venda do que queda da entidade financeira galega. Lembrou os casos de “nepotismo flagrante” do PP na súa historia de privatizacións de empresas públicas dende o goberno de Aznar.

O portavoz socialista esixiu “garantías de limpeza” no proceso e a blindaxe do carácter sistémico da entidade, que actualmente dispón dos aforros da metade dos galegos e galegas.

Naval

Nesta mesma sesión da Deputación Permanente debaterase tamén a proposta dos socialistas galegos de celebrar un Pleno Extraordinario para tratar o punto único da “defensa na UE dunha estratexia a favor do sector naval e para a resolución favorable respecto do sistema español de arrendamento fiscal para a construción de buques, ou tax lease”.

Abel Losada denunciou hoxe que o presidente da Xunta “antepuxo desgastar á oposición ante que solucionar o problema” do tax lease. Así o dixo logo de constatar que o PP mentiu acusando aos socialistas de bloquear unha declaración institucional conxunta cando a realidade é que o PP quería focalizar a declaración “anti Almunia” e negouse a incluír á Comisión Europea, o órgano competente, na solución do problema.

Sinala que os documentos acordados e aprobados tanto en Asturias como no País Vasco, moi semellantes ao que propuñan os socialistas galegos, veñen a dar a razón aos socialistas galegos mentres o PP optaba por intentar desgastar ao PSdeG.

Dixo que “ninguén pode dicir que antepuxemos a defensa a Almunia á defensa do naval galego” logo de ter aprobado unha proposta do PP no último Pleno e de ter pedido a dimisión do comisario da Competencia.

Os socialistas galegos solicitaron así a convocatoria dun Pleno extraordinario “que necesitan os traballadores e o sector da industria naval galega” e esixiulle ao PP que acepte esta proposta “en aras de acadar unha solución ao problema e non de desgastar ao adversario político”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar