Feijóo e o PP están "nervosos" porque "non poden controlar o voto da xente que quere cambio"

Feijóo e o PP están "nervosos" porque "non poden controlar o voto da xente que quere cambio"

Feijóo e o PP están “nervosos” porque “non poden controlar o voto da xente que quere cambio”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, advertiu hoxe a Feijóo e ao PP “nervosos” e concentrados en “tratar de facernos desaparecer e de montar líos onde non os hai”. Nunha comida mitin celebrada en Pontevedra, dixo que a pesares do control das institucións e dos medios públicos “non poden controlar o noso voto dende os valores, o compromiso, a ilusión e a esperanza”, o voto “que quere cambio”.

O candidato socialista dixo que “as contas non lles salen” no PP porque “aparece con moita fortaleza unha alternativa liderada polo PSdeG” e por iso “utilizan tódalas armas que teñen” dende o control da Xunta e dos medios institucionais ata o control dos medios públicos para marcar a axenda política da campaña e “facernos desaparecer da campaña porque somos o seu gran problema”.

Apelou ao “desexo maioritario de cambio” que crece “día a día” entre os galegos e as galegas, que queren que este cambio sexa “tranquilo, solvente e confiable como só podemos ofrecer os socialsitas”. Sinalou que “cada día que pasa gañamos apoio, podemos velo nas rúas, nos nosos actos, nas conversas do café”, polo que apelou aos “votantes de esquerdas” a “concentrar no PSdeG o seu desexo de cambio”.

Engadiu que “non pode quedar na casa ningún socialista e ningunha persoa de esquerda” para “dicirlle adeus ao goberno do PP de Rajoy, de Feijóo e de Baltar”, a aqueles aos que “non lles interesa dar resposta aos problemas dos galegos e das galegas” e abrir o camiño “da boa política e dos gobernantes exemplares: a do Partido Socialista”.

Chamou ao “cambio urxente e imprescindible” que permita evitar “catro anos máis de Feijóo, de parálise, de recortes e de resignación”, do presidente que colgou un cartel de “Se Vende” a Galicia privatizando a sanidade e regalando as caixas galegas mentres os galegos e galegas poden sentiro cómo “están hoxe moito peor que hai oito anos”.

Pontevedra

Fernández Leiceaga interveu durante un xantar mitin celebrado hoxe na capital de Pontevedra, onde estivo acompañado polas intervencións do cabeza de lista pola provincia, Abel Losada, e a número 2, a pontevedresa Patricia Vilán. Na súa intervención, Fernández Leiceaga puxo a prórroga a Ence ata 2073 por un goberno en funcións como exemplo das políticas do PP, que “evitaron en todo momento buscar unha localización alternativa únicamente por defender os intereses dos propietarios”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar