"Feijóo é o motor da paralización e o desemprego e o paradigma da falla de ética nos concellos"

"Feijóo é o motor da paralización e o desemprego e o paradigma da falla de ética nos concellos"

"Feijóo é o motor da paralización e o desemprego e o paradigma da falla de ética nos concellos"

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, dixo que Feijóo é “o motor da paralización e o desemprego e o paradigma da falla de ética democrática nos concellos”. Na sesión de control ao presidente, dixo que o balance de dous anos na Xunta é “máis paro, menos servizos públicos, destrución do sistema financeiro, paralización das infraestruturas e dexeneración democrática”.

O líder socialista, que dedicou a pregunta ao incumprimento dos compromisos electorais do Goberno galego, dixo que Feijóo é “o presidente do transfuguismo de Galicia” e tildouno de “demócrata parcial” a quen “non lle gusta a Lei Electoral salvo cando lle sae ben”. Lamentou que “nin teñan austeridade nin nivel democrático para os concellos galegos”.

Vázquez criticou así que o PP destine “diñeiro da Deputación de Ourense a pagar vontades políticas”, en alusión ao caso do axente electoral deste organismo provincial coñecido recentemente. Esixiu que “si coñecía o caso –tal e como publican hoxe os medios de comunicación- explique por qué non o puxo en coñecemento da xustiza”.

Advertiu que dous anos despois da súa promesa de rexeneración democrática e de compromiso a acabar co caciquismo “saia na foto co alcalde ameazador de Baltar –Ourense- e 3 tránsfugas”. Criticou que “cando lle preguntan pola Operación Orquestra di que non se fía do xuíz, no caso do concello de Baltar apoia ao alcalde que ameaza”.

Continuou sinalando que “sobre os directores xerais imputados polo abuso de poder contra UUAA non sabe nada, e sobre as irregularidades da Deputación de Ourense –ou vergonza galega e nacional- o define como autonomía local”.

Sistema financeiro

Pachi Vázquez advertiu que malia o compromiso do presidente da Xunta de fortalecer o sistema financeiro, a súa xestión supuxo “colocar ao sistema financeiro ao límite da viabilidade de Galicia, e nun alarde de incoherencia, onte presentan o plan de viabilidade baseado no Frob e o decreto do Goberno ao mesmo tempo deciden recorrer no TC o Frob e o decreto do Goberno”.

En materia de infraestruturas, dixo, o balance é paralizar tódalas infraestruturas da Xunta e aprobar no Parlamento unha iniciativa para soterrar o AVE en Ourense, provocando un retraso de 3 anos. Dixo que, mentres, critican un suposto retraso do AVE a 2018 que será, engadiu, “o prazo do PP e de Rajoy si chegara a gobernar” e están desesperados polo compromiso de licitación do ministro Blanco e o presidente Zapatero”.

O líder dos socialistas galegos sinalou que o presidente da Xunta tamén incumpriu o seu compromiso coa austeridade ao adxudicar, onte mesmo, a autovía da Costa da Morte “dous anos despois, á mesma empresa prevista orixinalmente, 170 millóns de euros mais cara e con cinco anos menos de mantemento”. Tamén tildou de “mentira” o compromiso de baixada de impostos “mentres sube o 140 por cento as taxas sobre a auga a tódolos galegos”.

Tamén criticou a xestión da Xunta no mal comportamento do paro en Galicia, xa que “por moito que o maquillen teñen o cen por cen das competencias en formación de emprego e acadaron unha cifra récord de parados, cun incremento 3 veces maior que na media nacional, e en 2010 tivemos o maior crecemento de desempregados do Estado”.

O responsable socialista lamentou tamén o “recorte de dereitos sociais” provocado pola xestión de Feijóo na sanidade pública, co “incremento das listas de espera a pesares de que as agochen no caixón”. Acusounos de ir “mentira tras mentira” como no caso do catálogo de medicamentos, no que “resulta que aforramos máis en marzo -logo da súa suspensión polo TC- que cando estaba en vigor”.

 

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar