Feijóo é o maior inimigo dos traballadores públicos

Feijóo é o maior inimigo dos traballadores públicos

Feijóo é o maior inimigo dos traballadores públicos

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, acudiu está mañán en Santiago de Compostela á manifestación convocada polos sindicatos en defensa dos servizos públicos e contra os recortes da Xunta. Vázquez amosou o seu apoio  incondicional  ós traballadores do servizos públicos de Galicia, e defendou a protesta  porque “estamos defendendo a Galicia do maior inimigo dos traballadores,  e do maior inimigo dos servizos públicos que ten este país que é Feijóo”.

 

O candidato socialista á presidencia da Xunta acusou a Feijóo de estar a facer  un ataque ideolóxico ós servizos públicos en Galicia, e destacou a súa presencia na manifestación  como “un traballador público máis, e como un cidadán afectado polos recortes”. Así mesmo, comprometeuse  a que “nun Goberno no que estemos nós, non haberá un solo despido dos traballadores públicos”.

O líder do PSdeG sinalou que atacar ós traballadores públicos  é atacar ós cidadáns, “atacar a quen usa os servizos públicos, e atacar ideolóxicamente un modelo público que nos fai iguais a uns e outros”.

Polo tanto, continuou,  “o noso compromiso é que non pode haber ni un solo despido máis de traballadores públicos, non  poden ocultar as maniobras que están facendo en Castilla La Mancha e en outras comunidades autónomas”. Pachi Vázquez advertiu que “o día despois  van proceder a despedir interinos, a despedir contratados, a atacar os servizos públicos do noso  páis”.

Para o líder socialista o que hai que facer “é todo o contrario do que fai Feijóo, hai que crear postos de traballo, facer concursos para que non esmoreza e non se destrúa o servizo público galego”.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Tere
    Setembro 9, 2012 a 10:12

    Los del pp prefieren despedir trabajadores y privatizar servicios, para favorecer a sus amigos. Así el trabajo es un monopolio de los poderosos y a sus empleados no les queda mas que callar y someterse a sus exigencias

Deixar a resposta

Pechar