Feijóo e Montoro, trileros do déficit

Feijóo e Montoro, trileros do déficit

Feijóo e Montoro, trileros do déficit

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou hoxe a Feijóo de xogar o papel de cebo e Montoro o de trilero, os dous “compinchados para enganar á xente” coa xestión do déficit. Na sesión de control ao presidente celebrada no Parlamento, acusou a Feijóo de utilizar os recortes “exclusivamente para a súa promoción persoal” mentres os galegos e galegas “sufrimos máis recortes e temos menos beneficios que outras autonomías menos estritas.

O responsable socialista resumiu que o control do déficit de Feijóo supuxo “triplicar o endebedamento e dividir por tres o investimento”, obrigando a un maior esforzo que se traduciu nun menor crecemento que as comunidades autónomas que incumpren co obxectivo do déficit e que son financiadas a custe cero polo fondo de liquidez de Montoro.

Explicou que o modelo actual “beneficia ás comunidades autónomas pródigas no gasto pero con menos recortes nos servizos públicos”. Galicia, sen embargo, asume “máis recortes e menos beneficios”, co que medra menos que a maioría das comunidades e padece “paro crónico, salarios irrisorios, contratación precaria e un futuro escuro para as pensións”.

Méndez Romeu dixo que o goberno galego quere agochar os “datos reais do déficit”, que consisten na caída do gasto social e educativo, a privatización de hospitais, a supresión de 500 médicos e de 1.500 profesores. Mentres, dixo, preparan unha nova “oleada de recortes e privatizacións” no caso de volver a gañar as eleccións para cumprir co recorte de 25.000 millóns que esixe Bruxelas e que “tamén pagaremos os galegos e galegas”.

Dixo que Feijóo demostra o seu “desprezo polo benestar da xente” ao renunciar a executar 80 millóns de euros no exercicio de 2015, “suficiente para iniciar o rescate do hospital privado de Vigo, contratar a 2.000 médicos ou reducir drasticamente a lista de espera da Dependencia.

Acusouno de “actuar como o País Vasco” cando “alá poden facelo por sobrefinanciamento, aquí facémolo só pola promoción persoal de vostede”, cando Galicia está lonxe de converxer cos niveis de emprego, servizos públicos, benestar, igualdade ou crecemento daquela Comunidade Autónoma.

Imposible de cumprir

O responsable socialista desvelou o xogo do ministro de Facenda e do presidente glaego, que impoñen “un corsé legal tan estrito aos concellos que os obriga a restrinxir servizos sociais mesmo cando teñen superávit”. Para as comunidades autónomas, en cambio, “impoñen obxectivos imposibles de cumprir por mero electoralismo, para obrigar a escoller entre recortes salvaxes dos servizos públicos ou maior déficit”.

Ao mesmo tempo, engadiu, paralizan o sistema de financiamento autonómico e impiden desbloquear novos recursos, e liquidan o fondo de reserva das pensións impedindo acordar medidas alternativas dentro do Pacto de Toledo.

Méndez Romeu acusou ao PP de “enganar co déficit do Estado”, agochando en ano electoral que este era próximo ao 5 por cento, incumprindo os obxectivos marcados pola UE, a pesares do cal fixeron “rebaixas fiscais do IRPF por pura propaganda” reducindo os ingresos do Estado. Como guinda do fraude, dixo, logo de alertar do déficit eléctrico e de liquidar o sector eólico galego, este rexistra agora un crecemento de 800 millóns.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar