Feijóo e Mato deben dar conta do financiamento ilegal do PP a través da Consellería de Traballo

Feijóo e Mato deben dar conta do financiamento ilegal do PP a través da Consellería de Traballo

Feijóo e Mato deben dar conta do financiamento ilegal do PP a través da Consellería de Traballo

María QuintasA portavoz de Traballo do Grupo Socialista, María Quintas, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta e á conselleira de Traballo a que dean conta da trama de financiamento ilegal do PP a través da Consellería de Traballo e Benestar. Presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento sobre o presunto financiamento fraudulento do PP a través da concesión irregular de cursos de formación.

Aludiu ao sumario da Operación Zeta, que constata un comportamento “cuase mafioso” do PP e os altos cargos da Consellería, demostrando unha “corrupción estrutural” neste partido, “que se financia a costa de contratos públicos conseguidos de forma irregular”, de acordo coa Udef. Esta investigación apunta a unha trama de adxudicación irregular de axudas para cursos de formación das que parte eran desviadas para o PP galego.

Quintas sinalou que “si vostede non sabe o que pasaba na Consellería dende 2009 é incompetente e ten que marcharse, e si o sabía vai ter un problema moitísimo mais grave”. Preguntoulle si financiou dende a Consellería ao PP e si ten coñecemento dunha trama organizada para o financiamento ilegal do PP, ao que a conselleira eludiu responder durante todo o debate da Interpelación.

A responsable socialista lembrou que altos funcionarios da Consellería “tiveron que dimitir polas súas actividades ilegais”, como o caso do director xeral de Traballo, que deixou o seu cargo para ir comparecer diante da xustiza ao día seguinte. Dixo que a súa actuación “constata que vostede era coñecedora como o señor Feijóo, agora quédanos saber si era tamén partícipe”.

Acusou á conselleira de “mentir” sobre a actuación da Xunta con relación a este caso, en primeiro lugar presentándose como acusación cando a realidade é que a situación foi coñecida logo da denuncia de dúas traballadoras. Ademais, lembrou que “cando o asunto estaba na fiscalía seguiu adxudicando e financiándolle cursos ás empresas da trama ilegal”.

María Quintas explicou que os 24 tomos do sumario xudicial deixan claro que “existe unha caza de diñeiro público canalizada a través dunha farsa asociativa empresarial, e a súa Consellería é quen a subvenciona”. Este caso, engadiu, “salpica directamente á cúpula do PP”, un partido que “está en tódalas festas”, en alusión á súa implicación nos casos Campeón, Gürtel e de financiamento irregular.

Criticou que o goberno galego empregue os fondos destinados aos parados e paradas de Galicia para “financiar ao PP, as súas empanadas e os seus pulpos”e subliñou que “os votos non son xustificativos para quedarse co diñeiro dos galegos e das galegas”.

Íntimo amigo

Quintas preguntou tamén pola implicación do presidente da Xunta, que conta cun íntimo amigo como conseguidor de subvencións a soldo da trama, en alusión ao empresario Pachi Lucas.

Este, sinalado pola policía como o enlace entre Gerardo Crespo, o responsable das empresas, e os máximos dirixentes do PP, como demostra a mensaxe enviada de Lucas a Crespo na xornada electoral das municipais de 2011 “Comiendo en Beluso presidente mar...! Todo bien”.

Sinalou que o presidente da Xunta “pode ter as amizades que queira, pero sorprende que aglutine a unha cuadrilla sospeitosa de moitas cousas” e enumerou “un narco –en alusión ao narcotraficante Marcial Dorado- outro conseguidor, outro implicado na Gürtel, e aí é onde as cuadrillas pasan a ser moi relevantes”.

Desmentido

María Quintas desmentiu as afirmacións vertidas polo presidente da Xunta, que esta mañá acusou ao goberno socialista de ter adxudicado cursos de formación en funcións, o que é “mentira, minte o presidente, minte vostede e menten a sabendas”. Sinalou que o goberno galego “deixou feita unha baremación que vostede ampliou en dúas ocasións para incluír a dúas empresas de Crespo”.

Censurou a “frivolidade coa que actúan poñendo os ventiladores cando o sumario di o que di” sobre o desvío de fondos para parados para o financiamento ilegal do PP, co que “nun país con tanto paro e pobreza o único que conseguen é que a xente perda totalmente a esperanza”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar