"Feijóo e Hernández condenan a Galicia a máis incineración e vertedoiros"

"Feijóo e Hernández condenan a Galicia a máis incineración e vertedoiros"

"Feijóo e Hernández condenan a Galicia a máis incineración e vertedoiros"

A deputada socialista, Carmen Gallego, acusou á Xunta de “tropezar dúas veces na mesma pedra”, repetindo un modelo fracasado de tratamento dos residuos “que condena a Galicia a máis incineración e máis vertedoiros”. Referíase ao anuncio de instalación dunha planta incineradora no concello ourensán de O Irixo e que, segundo Gallego, condena ás comarcas de Carballiño-O Ribeiro e O Deza a “un futuro incerto” asociado á contaminación e ao lixo.

Acusa ao Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, de castigar a estas comarcas en lugar de “promover as súas capacidades” agrícolas e gandeiras, vitivinícolas, de turismo da natureza, de turismo termal... Tamén lle reprocha ao goberno galego querer mercar vontades a través do anuncio de 250 empregos na comarca, cando “saben que non é posible” pois, en Cerceda, planta de moita maior capacidade a cantidade total de empregados non supera os 350. “Xogan coa condición humana, coas miserias, para ir botar o lixo a O Irixo”, dixo.

A parlamentaria pontevedresa afirma que os motivos polos que a Xunta renuncia ás medidas de redución do lixo se atopan en que “isto non xera negocio para ninguén e aquí o prioritario é xerar negocio para os amigos”, aludindo ás vinculacións da empresa adxudicataria co Partido Popular da Coruña.

Tamén salientou que o titular de Medio Ambiente esperou a que pasaran os procesos electorais municipais e xerais e así non causar prexuízo ao seu partido. Recordou ao presidente da Xunta que durante un mitin no Carballiño-Ribeiro afirmara que nunca levaría a incineración a esta comarca, “que pouco tardou en chegar”, reprochoulle a deputada socialista.

A deputada dubida da viabilidade dun modelo que xa fracasou con Sogama e pregunta cal vai ser a saída da empresa para obter beneficios, “subir os prezos do transporte?, os prezos da tonelada?, ou establecendo unha obriga aos concellos de levar o lixo a unha empresa privada?”.

proceso dubidoso

Carmen Gallego criticou duramente o proceso de adxudicación, poñendo en tela de xuízo a legalidade do mesmo. Comezando polo feito de que unha empresa non debera ter gañado megavatios co proxecto industrial dunha incineradora, cando este proxecto está sometido a autorizacións da Xunta, algo que prohiben as bases do concurso eólico.

A aprobación da Lei de Política Industrial de Galicia inclúe tamén unha figura que semella creada ex profeso para esta empresa na que se estipula un investimento para Proxectos Industriais Estratéxicos cun mínimo de 50 millós de euros e a creación de 250 postos de traballo.

Instou ao Conselleiro a evitar pasar á Historia por ter tomado as peores decisións para Galicia en materia medioambiental e optar polas propostas que xa estaban en marcha durante o goberno bipartito: formación para as empresas e persoas para producir menos lixo, crear un verdadeiro mercado da reciclaxe e conducir todos os residuos orgánicos cara a compostaxe, xa que “somos os únicos de Europa que seguimos queimando este tipo de resíduos”, apunta Carmen Gallego, que recomendaba tamén aproveitar alternativas como Lousame e Nostián.

Modelo fracasado

A deputada socialista recordou a Hernández os efectos negativos da incineración para a saúde e para o medio ambiente. Que, co novo Plan de Residuos, as emisións de CO2superarán as 500.000Tm ao ano de residuos tóxicos, como dioxinas e furanos. Haberá que sumar as 50.000 Tm/ano de cinzas, residuo que se depositará no vertedoiro. Este modelo de tratamento do lixo é a sexta fonte de emisión de gases de efecto invernadoiro, os que aceleran o cambio climático.

Ademais, a producción de enerxía eléctrica a partir do aproveitamento de residuos urbanos demostrou ser unha actividade economicamente insostible polo elevado custe da produción en relación aos prezos de venda da enerxía.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar