Feijóo é herdeiro da estratexia de financiamento irregular do PP

Feijóo é herdeiro da estratexia de financiamento irregular do PP

Feijóo é herdeiro da estratexia de financiamento irregular do PP

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que “asuma a responsabilidade política que lle corresponde” logo de que “os datos evidencien que é herdeiro directo da estratexia de financiamento irregular do PP”. Reclamoulle ao goberno galego as adxudicacións concedidas pola Xunta as empresas que fixeron pagos ocultos ao PPdeG, como se fixo público onte.

 

O responsable socialista reclamoulle ao presidente da Xunta que “demostre altura política” e “tome as decisións que corresponden” seguindo o seu propio consello de “dar exemplo ademais de predicar”.

 

Así o dixo logo de terse evidenciado esta semana, a través dos medios de comunicación, que o PPdeG agochou en 2006 2 millóns de euros de financiamento irregular, así como donativos ilegais de varias empresas coas que contratara cando era conselleiro de Política Territorial e vicepresidente do goberno galego.

 

Losada advirte que o presidente da Xunta demóstrase como “sucesor directo da estratexia de financiamento irregular do PP de Pablo Crespo e Luis Bárcenas” cunha actitude “que urxe extirpar da vida política galega” porque “pon en xuízo a calidade do sistema democrático”.

 

Documentación

 

O Grupo Socialista requiriu do goberno galego a copia dos expedientes das adxudicacións realizadas pola Xunta de Galicia entre xaneiro de 2002 e xullo de 2005 ás empresas FCC, OHL e ACS. Losada agarda, dixo, “mais sorte que cos misteriosos contratos coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo, Marcial Dorado”.

 

Sinalou que “o período de celebración dos contratos é mais recente, polo que agardamos que neste caso nin se teñan destruído os documentos nin sexan expedientes demasiado voluminosos como para facer entrega deles” en alusión ás escusas do goberno galego para manter agochados os contratos coas empresas do narcotraficante.

 

Ademais, reclamou “documentación escrita e ratificada por funcionarios públicos, non discursos autocomplacentes de responsables políticos”, en alusión tamén á decisión do goberno galego de substituír, de xeito irregular, unha solicitude de documentación formal por unha comparecencia na que non foi entregado “nin un só papel”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar