"Feijóo é especialista en desfacer máis con menos: reduce ingresos mentres desmantela servizos públicos e renuncia a políticas de emprego"

"Feijóo é especialista en desfacer máis con menos: reduce ingresos mentres desmantela servizos públicos e renuncia a políticas de emprego"

"Feijóo é especialista en desfacer máis con menos: reduce ingresos mentres desmantela servizos públicos e renuncia a políticas de emprego"

O secretario xeral do PSdeG e presidente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Pachi Vázquez, acusou a Feijóo de converterse “nun especialista en desfacer máis con menos” xa que “incrementou o desemprego, iniciou o desmantelamento do ensino e a sanidade, mentres reduce recursos e ingresos”.

Na sesión de control do Parlamento, Vázquez pediu a Feijóo “que deixe de falar de España para centrarse nos problemas de Galicia” e lembroulle que a nosa comunidade encabeza o crecemento de EREs do Estado, con 549 expedientes de regulación de emprego e 14.126 traballadores afectados. “Temos o dobre de EREs en seis meses que en todo o ano pasado”, e 94 traballadores cada día van a un expediente de regulación, lamentou.

Vázquez puxo sobre a mesa outros datos sobre a situación de Galicia, ao denunciar que o paro crece un 50 por cento máis que no conxunto do Estado, mentres a baixada de producción industrial quintuplica a de España. Lembrou que no sector servizos hai 121.000 persoas en paro; a ocupación hoteleira este ano caeu un 42 por cento, sendo a quinta máis baixa de España, e mentres en España o turismo crece o 7 por cento, en Galicia cae o 11 por cento.

“Vostede decidiu que no hai que tirar da economía, so marcar un teito de gasto, renunciando a mais ingresos e desmantelando os servizos sociais”, espetoulle a Feijóo.

Así, preguntoulle se “prefire despedir docentes a aplicar o imposto aos grandes patrimonios, que xenera importantes beneficios” e criticou que “opte por cargar impostos encubertos coa suba do 140 por cento do prezo da auga, en lugar de asumir o reparto solidario da crise impoñendo un imposto aos máis ricos”.

“Eu veño aquí a falar de Galicia, e vostede ven a botar balóns por enriba da
tapia”, dixo Vázquez despois de que Feijóo non respondese á pregunta sobre si pensa implantar o Imposto de Patrimonio en Galicia, que gravará aos grandes propietarios, pese a que o líder socialista lla formulou ata tres veces.

Desfacer máis con menos
Por todo elo, Vázquez asegurou que “despois de dicir que ían facer máis con menos, o seu goberno converteuse en especialista en desfacer máis con menos”. Así, lembrou que “conseguiu máis desemprego en Galicia, máis destrucción e desemantelamento en educación e sanidade públicas, máis recortes, e menos recursos e ingresos”.

Denunciou que “o curso escolar comezou con 3.000 alumnos mais e 900 profesores menos” e que “hai mais listas de espera, menos camas, menos centros de saúde, menos ambulancias e menos plantas hospitalarias. Ese é o goberno que vostede preside”, remachou.

Así, acusou a Feijóo de emprender “unha cruzada contra a educación e sanidade públicas” porque “renunciou a desenvolver economicamente este país”, e criticou que o teito de gasto que propón o Goberno de Feijóo “reflicte o fracaso da súa política económica, porque o único ao que renuncia é a incrementar os ingresos”.

Criticou que Feijóo “pensa que isto ten que funcionar pola lei da gravidade, e que non hai que aplicar novos modelos fiscais nin buscar novos xacementos económicos”. “Queda claro que non ten unha alternativa económica para gobernar este país”, remachou.

“Vostede renuncia á responsabilidade de ser o presidente de Galicia e solucionar os seus problemas. Non é o presidente de Galicia, é o presidente do PP”, concluíu Vázquez.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar