"Feijóo e Aguirre atacan ao profesorado e denostan a función docente en contra dos intereses do país"

"Feijóo e Aguirre atacan ao profesorado e denostan a función docente en contra dos intereses do país"

"Feijóo e Aguirre atacan ao profesorado e denostan a función docente en contra dos intereses do país"

O viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Luis Méndez Romeu, dixo que “o goberno de Feijóo, igual que o de Aguirre e outros dirixentes do PP, atacan aos profesores, denostan a función docente, atacan as súas condicións de traballo e mesmo aos seus representantes sindicais”.

O responsable socialista dixo así que as protestas convocadas estes días no ensino son a resposta lóxica a unha “política educativa absolutamente contraria aos intereses do país”. Explicou que amosan o “fondo malestar de toda a comunidade educativa consecuencia das actuacións da Xunta de Galicia, de Feijóo e a consellería de Educación”.

Advertiu que cando tódolos organismos internacionais recomendan como medida contra a crise manter o gasto en educación, formación, universidades e investigación, o certo é que os orzamentos para educación diminuíron en Galicia un 8 por cento en dous anos, así como no ámbito universitario, ademais de ter sido suprimidos 800 profesores neste ano 2011.

Estas actuacións, sinalou “redundan nun empeoramento na calidade educación” chegando a que en Galicia “un de cada catro estudantes que rematan o ensino obrigatorio non teñen o título básico, cando o obxectivo europeo é o de minorar drasticamente esta cifra”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar