Feijóo é a garantía de que Galicia saia prexudicada nos Orzamentos Xerais

Feijóo é a garantía de que Galicia saia prexudicada nos Orzamentos Xerais

Feijóo é a garantía de que Galicia saia prexudicada nos Orzamentos Xerais

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, dixo hoxe que a deliberada “pasividade” do presidente da Xunta no proceso de elaboración dos orzamentos xerais é “a garantía” para que Galicia saia prexudicada. Así o dixo logo do acordo de Rajoy co PNV para beneficiar ao País Vasco en contra da “solidariedade” e o equilibrio do sistema autonómico.

Lamentou que o maior logro de Feijóo sexa que o seu partido estea tranquilo mentres Galicia “non consegue aquilo ao que ten dereito e non pode competir en igualdade de condicións”. Lamentou que manteña a atención desviada cara a comisións de seguimento para o AVE e para a execución de orzamentos cando o que precisa son “menos comisións e máis solucións”.

O responsable socialista replicoulle hoxe ao presidente da Xunta, quen asegurou que preferiría un acordo co PSOE que co PNV, lembrándolle que os socialistas galegos presentaron emendas aos orzamentos que suporían 600 millóns de euros adicionais en investimentos para Galicia. “Se quere un acordo que comece por darlle a orde aos seus deputados de que acepten estas emendas, porque non vai ter apoio gratis do PSdeG”.

Fernández Leiceaga cuestionou a docilidade amosada polo presidente galego cando está a demostrar que “premia a falta de lealdade” dos nacionalistas cataláns e vascos, os únicos que faltaron á Conferencia de Presidentes. A conclusión foi que conseguiron investimentos millonarios para o corredor Mediterráneo e un acordo co PNV que supón “un ataque contra a solidariedade do resto de España”.

Acusou ao PP de “deixar de defender o interese xeral” para garantir unha “chuvia de millóns” que “pon en risco a solidariedade e a estabilidade do sistema autonómico”. Así, os vascos aumentan ata un 170 por cento o financiamento por habitante que xa de por si os beneficiaba, recibindo 3.700 euros por habitante fronte á media de 2.200 –Galicia recibe 2.300-.

Grazas a este acordo verán condonada a “débeda” de 1.400 millóns de euros que arrastraban, e veranse beneficiados con 750 millóns de euros netos adicionais cada ano, ao pasar de aportar 1.550 a 850 millóns de euros. Este acordo provoca ademais unha “tensión adicional” con Cataluña, deixándolle en bandexa “unha razón máis ao nacionalismo catalán”.

Ao resto de autonomías de réxime común, dixo, “pasan de dicirlles que non había máis diñeiro para repartir entre todas a garantir que a mellor tratada –País Vasco- terá 750 millóns adicionais cada ano”.

AVE

O acordo tradúcese, dixo, nun calendario máis esixente para completar a “Y vasca” do AVE e máis investimentos para infraestruturas en Cataluña que “comprometen a conclusión do AVE a Galicia nos prazos previstos”, dificultando un calendario xa aprazado. Ademais, inclúe dúas plataformas loxísticas para o País Vasco e a conexión co Corredor Centro da Meseta coa UE, mentres Galicia queda “fora da conexión ferroviaria de mercadorías imprescindible”.

Advertiu que mentres Galicia moderniza os seus portos de interese xeral, o goberno central provoca “graves retrasos” nas plataformas loxísticas de Ferrol, Salvaterra – As Neves e Monforte, e perden o compromiso da conexión necesaria das plataformas co corredor europeo, que non está “nin prevista”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar