Feijóo e a conselleira Mato "esquecen" que os "regalos" foron prohibidos polo goberno socialista en 2006

Feijóo e a conselleira Mato "esquecen" que os "regalos" foron prohibidos polo goberno socialista en 2006

Feijóo e a conselleira Mato "esquecen" que os "regalos" foron prohibidos polo goberno socialista en 2006

Fotografía de Óscar Corral

Fotografía de Óscar Corral

A deputada socialista Marisol Soneira lembroulle hoxe ao presidente da Xunta e á conselleira de Traballo que a Lei de Transparencia e Boas Prácticas na Administración, aprobada en 2006 baixo goberno socialista, xa prohibía os regalos aos representantes públicos.

Así o dixo en resposta á entrevista da conselleira a un medio de comunicación esta fin de semana, na que Mato admitiu ter recibido regalos en 2010 pero “tentando enganar á opinión pública ao dicir que en 2010 non estaba prohibido”. Apunta que o código ético aprobado por Feijóo en realidade “foi feito para incumprir a Lei de Transparencia”.

A responsable socialista explica que a dita Lei de 2006 xa contén unha serie de principios éticos para os representantes públicos, en concreto, no artigo 15, apartado 12, sinala que “Non aceptarán regalos que superen os usos habituais, sociais ou de cortesía, nin favores ou servizos en condicións vantaxosas que poidan condicionar o desenvolvemento das súas funcións”.

Soneira sinalou que “benvido o Nadal que lle devolveu a memoria á conselleira Mato”, ironizando sobre o feito de que “ata hai tres días non recordaba si tiña recibido regalos, pero agora constatamos que si, e que ademais acórdase especificamente da marca e da calidade dos mesmos”.

Soneira acusou á conselleira de “mentir e manipular a información” de forma reiterada en sede parlamentaria e tamén diante dos medios de comunicación, como ten demostrado de novo esta fin de semana, para “facer ver que é un delito financiar cursos de formación”, cando a realidade é que “o delito é financiar ao PP con diñeiro procedente deses cursos de formación”.

A deputada socialista veu á conselleira “especialmente preocupada en esquecer que na trama investigada na Operación Zeta están implicados cargos do PP con responsabilidades orgánicas na Coruña, entre eles a propia conselleira de Traballo e Benestar”.

Mentirlle ao Parlamento

Lembroulle ademais que os mecanismos de control sobre os cursos de formación “son obrigados dende que o goberno galego manexa fondos europeos, mesmo dende os tempos de Fraga”. Esta realidade, advirte, “non cambiará por moito que Feijóo e a conselleira Mato se empecinen en mentirlle ao Parlamento dicindo que os mecanismos de control foron implementados polo actual goberno”.

Marisol Soneira explicou que a conselleira continúa na súa “persistente estratexia de mentiras” tratando de “facer ver que foi a Consellería quen denunciou os feitos en primeiro lugar, cando está contrastado no sumario xudicial que foron dúas ex traballadoras das empresas da trama”.

Ademais, sinalou, a conselleira “minte ao Parlamento e agocha información cando afirma que o fianciamento recibido por estas empresas foi superior co goberno anterior que co actual, cando é todo o contrario”.

Incapacidade

Finalmente, Soneira advertiu a “constatable incapacidade da conselleira á hora de explicar na Cámara por qué non iniciou unha investigación interna para depurar responsabilidades e separar das súas funcións ás persoas implicadas unha vez coñeceu o uso irregular dos fondos”.

Finalmente, esixiulle que explique “dunha vez e de forma clara por qué continuou outorgándolle subvencións ás empresas da trama unha vez que se iniciou a dita investigación policial”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar