Feijóo designa á nova xerente de Galaria quince días antes de abrir a convocatoria pública

Feijóo designa á nova xerente de Galaria quince días antes de abrir a convocatoria pública

Feijóo designa á nova xerente de Galaria quince días antes de abrir a convocatoria pública

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, esixiulle hoxe “explicacións urxentes” ao goberno galego polo anuncio do nomeamento da nova xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, dúas semanas antes de abrir o procedemento de convocatoria pública no DOG.

Lembrou así o anuncio público por parte de Feijóo e do conselleiro da á súa vez ex conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, como nova xerente de Galaria a finais do pasado mes de novembro, adiantándose en quince días á publicación da candidatura para a provisión do posto, que foi publicada o pasado venres, 15 de decembro, no DOG.

O responsable socialista cualificou de “chapuza intencionada” o “salto procedimental” para fixar a candidatura da nova xerente da empresa. Advertiu que “a día de hoxe está aberto o concurso para o posto, calquera persoa podería presentarse, pero atrévome a xogar un café co conselleiro a que adiviño para quen vai ser o cargo”.

Eludiu facer ningunha valoración sobre a persoa escollida para o cargo, pero criticou a vulneración deliberada de tódalas garantías de limpeza do procedemento co obxecto de “cercenar os dereitos das persoas a presentarse a esta praza”. Explicou que se trata dunha convocatoria pública para a provisión dun posto, por moito que a continuación a forma elección se resolva por libre designación, unha vez que se presenten os candidatos.

Garantías procedimentais

Torrado criticou a “absoluta falla de respecto polas garantías procedimentais” demostrado polo goberno galego , sinaladamente na Consellería de Sanidade, e lembrou a concesión do servizo de ambulancias do 061 por 121,6 millóns de euros. Apuntou ao evidente “trato de favor” demostrado daquela de cara a unha empresa que antes de abrir as condicións do concurso “xa tiña tódalas ambulancias rotuladas e adaptadas aos novos requisitos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar