Feijóo desarticulou a Memoria Histórica en Galicia

Feijóo desarticulou a Memoria Histórica en Galicia

Feijóo desarticulou a Memoria Histórica en Galicia

A deputada socialista Concepción Burgo denunciou hoxe que Feijóo “desarticulara o que fixo o goberno de PSdeG e BNG” en Galicia para cumprir coa Lei de Memoria Histórica. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei do BNG, que foi rexeitada polo PP, dirixida a reclamar o cumprimento da dita Lei, aprobada en 2007 polo goberno socialista presidido por Zapatero.

A responsable socialista cualificou de “vergoña para o PP e para toda a sociedade” a acción política deste partido que “permite que moitos dos nosos concidadáns segan nas cunetas”. Acusounos de facer “desaparecer do orzamento e da axenda política as políticas públicas a favor da memoria, actuando en contra dunha norma que “buscou honrar e recuperar a memoria dos que foron represaliados”.

Burgo aludiu á visita dun relator da ONU que sinalou o impulso ofrecido pola Lei de Memoria Histórica, que mellorou as prestacións ás vítimas, aumentou a atención aos colectivos, creou unha oficina das vítimas, impulsou un mapa de fosas, ou permitiu aprobar protocolos de recuperación e exhumación, medidas todas elas “freadas pola chegada do PP”.

Lei de Amnistía

Concepción Burgo amosouse sen embargo contraria á parte da iniciativa que reclamaba a derrogación da Lei de Amnistía de 1977, xa que “permitiu que centos de socialistas, comunistas e opositores ao réxime saíran dos cárceres”, e foi o primeiro texto que declarou ao franquismo “ilegal e ilexítimo”, o que foi “un dos grandes obxectivos dos partidos contrarios ao Franquismo”.

Amosouse de acordo co propio relator da ONU, que negou que fora unha “Lei de Punto Final”, e instou á súa modificación. Os socialistas apoiaron a proposta do BNG na súa totalidade agás o punto que solicitaba a derrogación da dita Lei, no que se abstiveron, así como na petición ao goberno de que anule as condenas dos tribunais ilexítimos, dado que considera necesaria unha análise dun procedemento máis axeitado para garantir seguridade xurídica.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar