“Feijóo demostrou no Parlamento que non ten intención de cumprir o pacto asinado cos productores lácteos”

“Feijóo demostrou no Parlamento que non ten intención de cumprir o pacto asinado cos productores lácteos”

“Feijóo demostrou no Parlamento que non ten intención de cumprir o pacto asinado cos productores lácteos”

Pablo García defendeu unha emenda en defensa da viabilidade do sector lácteo e do equilibrado da cadea de valor da comercialización dos seus produtos

O PP rexeitou a creación dunha mesa de negociación coa participación de todos os segmentos do sector (produtores, industria e distribución), e na que a Xunta de Galicia mentres non se desenvolve lexislativamente a figura de arbitraxe, exerza este papel, para poder poñer en marcha a partir do próximo mes de xaneiro contratos homologados con referencia á negociación acada nesta mesa

Pediu impulsar a posta en marcha das medidas lexislativas precisas para garantir que toda a leite que se comercialice determine a súa procedencia

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista Pablo García dixo hoxe que “Feijoo demostrou que non ten intención de cumprir o pacto asinado cos produtores lácteos”, na nosa Comunidade.

García interveu hoxe no Pleno da Cámara para defender unha emenda en defensa da viabilidade do sector lácteo e do equilibrado da cadea de valor da comercialización dos seus produtos. A proposta foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista demandou a creación dunha mesa de negociación coa participación de todos os segmentos do sector (produtores, industria e distribución), e na que a Xunta de Galicia mentres non se desenvolve lexislativamente a figura de arbitraxe, exerza este papel, para poder poñer en marcha a partir do próximo mes de xaneiro contratos homologados con referencia á negociación acada nesta mesa. Do mesmo xeito estender os compromisos acadados ó ámbito estatal, tal como se comprometeu o presidente da Xunta de Galicia no acordo asinado cós produtores o pasado 7 de decembro de 2012.

O portavoz de Agricultura reclamou vincular tódalas axudas públicas que se poidan outorgar, o cumprimento dos compromisos acadados nesta mesa en canto non se desenvolva lexislativamente outro modelo.

A maiores pediu impulsar a posta en marcha das medidas lexislativas precisas para garantir que toda a leite que se comercialice determine a súa procedencia, un plan detallado e sistemático de inspeccións, a creación inmediata dun observatorio público a través do Instituto Galego de Estatística, que determine o custo medio de produción do litro de leite.

Proxecto galego de transformación de leite

Tamén demandou que ese custo medio de produción sexa vinculante, e polo tanto non se poida pagar por debaixo del nos contratos que se asinen.Apoiar de forma decidida, e a través dos presupostos da Xunta de Galicia, ás Organizacións de Produtores (OPL), de cara ó fortalecemento nun futuro inmediato da posición negociadora dos produtores.

García esixiu fomentar a integración e estruturación dun proxecto galego de transformación de leite, pechando de maneira conexa, directa ou indirectamente o ciclo de produción transformación do leite cara á produción de produtos elaborados e á diversificación para a produción de derivados lácteos que xeren maior valor engadidos, consolidando unha industria transformadora láctea galega propia.

A maiores requiriu un plan de refinanciación de débeda das explotacións, dotándolle dun mecanismo áxil que lle permita xerar liquidez, e establecer unha moratoria nos créditos oficiais, que as explotacións galegas teñan contraídos a través de axudas da propia Xunta de Galicia.

Por último quere impulsar e tramitar medias legais e fiscais específicas, que permitan avanzar nun modelo que leve a dispor de maior base territorial ás explotacións, indispensable tanto para o abaratamento de custos, como para un mellor posicionamento para percibir axudas europeas. E defender dentro do proceso de reforma da Política Agraria Común as particularidades do agro galego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar