Feijóo deixa sen executar 168,5 millóns de euros das políticas contra a desigualdade

Feijóo deixa sen executar 168,5 millóns de euros das políticas contra a desigualdade

Feijóo deixa sen executar 168,5 millóns de euros das políticas contra a desigualdade

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, María Pierres, acusou hoxe ao goberno galego de provocar que a loita contra a desigualdade perdera dende 2009 un total de 168,5 millóns de euros. Así o dixo no debate dunha pregunta oral ao goberno galego no Pleno do Parlamento celebrado hoxe.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de desmantelar as políticas de loita contra a desigualdade ata chegar a unha “cifra tráxica, reveladora da actitude deste goberno polo que supón de falla de compromiso coa loita pola igualdade”. Pierres explicou que os orzamentos para igualdade pasaron de 31,2 millóns en 2009 ata os apenas 7 en 2016.

Sinalou que mentres na loita contra a violencia de xénero incrementaron 2,5 millóns de euros, na loita pola igualdade “deixaron de executar 171 millóns de euros”, dando o balance de 168,5 millóns de euros que “as mulleres e os colectivos máis vulnerables de Galicia perderon nestes anos para a loita contra a desigualdade”.

Reduciu as medidas anunciadas polo goberno nunha “fuxida cara adiante” que agochan que “en realidade non existen medidas concretas para dotalas de orzamento, que deberan de nacer do acordo de todos os grupos”.

Acusou ao Goberno galego de poñer en marcha “pasos dados insuficientes, así como as accións e medidas”, evidenciando que “a igualdade non é para vostedes unha prioridade”. Subliñou que “é súa a responsabilidade de ter desatendido o que debera ser a súa prioridade para este goberno e para o goberno do Estado”.

Centos de accións pendentes

Pierres acusou ao goberno galego de deixar “conxeladas” a “centos de accións e medidas xa contempladas en plans anteriores que seguen agardando ser postas en marcha”. Aludiu así aos 51 obxectivos e 253 medidas do VII Plan Estratéxico para a Igualdade de Oportunidades, os 6 eixos e 87 medidas do I Plan de Actuacións para a Igualdade nos centros Educativos de Galicia, ou os 5 eixos e 26 proxectos do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller de Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar