Feijóo deixa de lado os problemas de Galicia "para percorrer os platós de España"

Feijóo deixa de lado os problemas de Galicia "para percorrer os platós de España"

Feijóo deixa de lado os problemas de Galicia “para percorrer os platós de España”

Méndez Romeu Xunta PortavocesO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe que o presidente da Xunta “deixa de lado os problemas do país” e demóstrase “desaparecido” á fronte do seu goberno mentres se preocupa de “percorrer os platós de España”. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día do Pleno da próxima semana.

Os socialistas dedicarán a sesión de control ao presidente a preguntarlle a Feijóo pola situación de Galicia e descubrir “si ten unha vontade mínima de resolver os problemas de Galicia ou está agardando ansioso a disolver a Cámara”. Así o demostra, dixo, o ritmo “cansino” do seu goberno “que non ofrece resultados” e a súa “ausencia sistemática á hora de resolver problemas”.

Méndez Romeu criticou así a ausencia do presidente da Xunta para apoiar aos mariñeiros do cerco que levan “semanas acampados diante do seu despacho” de San Caetano, ou dos gandeiros, que teñen que volver a levar as súas “protestas lexítimas” ás portas das grandes superficies comerciais.

Os socialistas presentarán unha interpelación no próximo Pleno para que a conselleira de Medio Rural dea conta das supostas accións que ten previsto tomar para defender ao sector lácteo galego logo de meses de “mirar para outro lado”. O Pleno incluirá tamén unha moción socialista sobre a “situación calamitosa” da atención á saúde mental en Galicia.

Estas son as tres iniciativas que levarán os socialistas ao último Pleno do ano, que será reducido á mínima expresión, sen incluír proposicións non de Lei nin preguntas ao goberno “polas necesidades do grupo maioritario de deixar o luns libre de actividades e que lles permita reflexionar, como mostra de que agardan resultados adversos” nas eleccións do domingo.

Debate

O responsable socialista considerou “esclarecedor” o debate de onte entre Pedro Sánchez e Mariano Rajoy por canto o actual presidente amosouse “parapetado detrás dos datos macro, illado da realidade social e incapaz de afrontar a corrupción” do seu partido. Rajoy só estivo cómodo, dixo, “nos lugares comúns”, e que mesmo chegou a “truncaros datos” sobre a Dependencia en contra do informe “demoledor” do Tribunal de Cuentas.

Fronte a el, engadiu, sentouse un “candidato incisivo, con propostas, pegado á rúa e capaz de demostrar que existe unha alternativa socialista ao goberno presidido por Mariano Rajoy”, como é Pedro Sánchez.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar