Feijóo deixa a Galicia en situación de emerxencia tras seis meses cruzado de brazos, mentindo e enganando

Feijóo deixa a Galicia en situación de emerxencia tras seis meses cruzado de brazos, mentindo e enganando

Feijóo deixa a Galicia en situación de emerxencia tras seis meses cruzado de brazos, mentindo e enganando

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, acusou ao presidente da Xunta de “deixar a Galicia en situación de emerxencia” logo de permanecer 6 meses, dende as eleccións autonómicas, “cruzado de brazos”. Así o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta, na que lle esixiu a Feijóo que “explique por qué sigue enganando aos galegos e galegas”.

O líder dos socialistas galegos dixo que a principal consecuencia da xestión de Feijóo é que a día de hoxe en Galicia “as familias e as empresas están desesperadas porque non hai crédito”. Argumentou que o “engano” de Feijóo coa fusión das caixas provocou a caída do sistema financeiro galego, o que arroxou como resultado que Galicia encabece a caída de crédito en toda España, cun 27 por cento, 10 puntos máis que a media.

Advertiu que a conclusión é que hoxe Galicia, concretamente as empresas e as familias, ten 20.000 millóns de euros de crédito menos, o equivalente ao 30 por cento do PIB de Galicia. Fronte a esta dramática situación, Pachi Vázquez lamentou que o único que fai Feijoo é ter declarado o “segredo” sobre a suposta auditoría que, de acordo coa Xunta que el preside, avalaba a fusión das caixas. Pese a ese segredo, hoxe todos saben xa que aquela auditoría elaborada por KPMG era en realidade tan só un “informe acelerado”, esgrimiu o líder dos socialistas galegos.

Apuntou ademais que que a xestión de Feijóo provocou a caída do 30 por cento do emprego industrial, o que supón 67.000 traballadores menos, “un de cada tres”, para unha Comunidade Autónoma que ten 167.000 parados no sector servizos, da que 80.000 persoas tiveron que emigrar e na que a demografía vive unha “caída letal” con 50 habitantes menos cada día.

A conclusión é que Galicia está a vivir unha “perda de capital financeiro, industrial, comercial e humano” mentres Feijóo “reduce 8.000 millóns de euros en sanidade, educación e dereitos sociais”. Lembrou que “a realidade é que non controla o déficit” e explicouno engadindo que “vostede cálcalle os 3.000 millóns de euros -de aforro de déficit- ás familias, pensionistas, parados e traballadores”.

Engano

O responsable socialista dixo que o balance de seis meses de goberno é que “sigue enganando a todos”, e citou os incumprimentos na aplicación do copago de próteses sanitarias e de comedores escolares, a conxelación de pensións, as mentiras a Navantia “a quen lles prometeu ou traballo ou dique flotante e seguen sen ter nin unha cousa nin a outra”. Lembrou tamén que Feijoo prometera converter ao eólico no sector que sacaraía a Galicia da crise e o que conseguiu foi “provocar a crise do sector”.

Tamén citou as “mentiras” aos gandeiros “ante os que se presentou como garantía para subir o prezo do leite” ou aos traballadores públicos aos que “asegurou que non pediría mais esforzo pero rebaixoulles o salario e botou a 8.000 á rúa”.

Pachi Vázquez sinalou que o presidente da Xunta tamén enganou ás universidades galegas ao comprometerse a non facer recortes “e hoxe os tres reitores braman contra vostede”. Ao tempo, sinalou que “deixou ao sistema financeiro como está e o Adif ven de asinar o certificado de defunción do Pacto do Obradoiro” sobre a chegada do AVE a Galicia.

Xa por último, con relación ao tax lease Pachi Vázquez comprometeuse a presionar a Almunia para acadar unha solución favorable aos intereses do naval galego, si ben retou a Feijoo a facer o mesmo co resto de membros da Comisión Europea,concretamente do Colexio de Comisarios onde a dereita, e en particular o Partido Popular Europeo con 13 membros, ten unha amplísima maioría. “A decisión será colexiada e o Partido Socialista so ten 6 dos 27 votos da comisión, mentres que os 21 restantes son de partidos conservadores, 13 do Partido Popular Europeo”, rematou.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar