Feijóo deberá explicar no Parlamento a súa relación co investigado Pachi Lucas

Feijóo deberá explicar no Parlamento a súa relación co investigado Pachi Lucas

Méndez Romeu Xunta PortavocesO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, preguntaralle ao presidente da Xunta no próximo Pleno do Parlamento sobre as “funcións desenvolvidas na Xunta de Galicia por Pachi Lucas”. Os socialistas queren que Feijóo explique en sede parlamentaria as consecuencias públicas da súa conexión co “conseguidor” investigado na Operación Zeta por presunto tráfico de influenzas.

Méndez Romeu explicou, logo da reunión da Xunta de Portavoces, que centrará a sesión de control do Parlamento nesta situación logo da investigación aberta pola xustiza sobre Pachi Lucas, e logo de que o PP vetara a comparecencia de Feijóo por esta mesma situación.

O responsable socialista lembra que esta mesma pregunta foi presentada ao presidente da Xunta en decembro de 2014, cando se coñeceu a presenza de Lucas na trama, e pola que o propio Feijóo non ofreceu mais que “denuestos e descualificacións” nunha intervención “de vergonza allea”. Subliñou que si o “conseguidor” participa da toma de decisións do goberno galego “haberá que dar algunha explicación”.

O presidente da Xunta tampouco atenderá, explicou, á solicitude de comparecencia presentada polos socialistas galegos pra dar conta do seu “novo talante” ao demandar un goberno de coalición en España “e a repercusión no novo goberno de Galicia”. Acusou a Feijóo de amosarse “dialogante en España e autoritario e fuxitivo en Galicia, onde ten as súas competencias”, logo de rexeitar tódalas emendas da oposición aos Orzamentos.

Iniciativas

Os socialistas levarán ao próximo Pleno unha moción sobre o cumprimento dos acordos co sector lácteo e as demandas dos gandeiros, dúas proposicións non de Lei para testar a “vontade real” do goberno para incrementar os recursos para atender ás vítimas de violencia de xénero ou a creación dunha axenda industrial amparada nas axudas previstas no Plan Juncker.

As interpelacións centraranse no drástico recorte de bolsas universitarias tanto estatais como autonómicas para os estudantes galegos e os datos de espera nas axudas de Atención á Dependencia. Finalmente, o Grupo Socialista presentará dúas preguntas sobre o ERE de Tragsa, por canto o 25 por cento dos afectados corresponden a Galicia, e a falla de axudas do goberno galego logo da vaga de temporais.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar