Feijóo debera dedicarlle menos tempo a falar do PSdeG e a pasear polos platós e mais a mellorar a economía galega

Feijóo debera dedicarlle menos tempo a falar do PSdeG e a pasear polos platós e mais a mellorar a economía galega

Feijóo debera dedicarlle menos tempo a falar do PSdeG e a pasear polos platós e mais a mellorar a economía galega

Méndez Romeu Xunta PortavocesO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, dixo hoxe que “sería bo que Feijóo, que tanto tempo lle dedica a falar do PSdeG e a pasear polos platós, dedicara un pouquiño de tempo a corrixir a deriva preocupante da economía galega”. Así o dixo logo da reunión da Xunta de Portavoces do Parlamento celebrada hoxe.

O responsable socialista criticou o desleixo do presidente da Xunta diante da situación económica de Galicia, que “lonxe de achegarse á media estatal está cada día peor”. Aludiu así ao último informe presentado polo Consello Económico e Social a semana pasada, na que a presidenta do órgano, un sinalado membro do PP, se queixa da negativa do goberno galego a entregar os datos que lle requiren.

Méndez Romeu lembrou que, logo da reunión da Xunta de Portavoces, aínda está pendente de fixar a data da Deputación Permanente solicitada polos socialistas galegos para solicitar un Pleno extraordinario coa comparecencia de Feijóo para explicar os recortes en política social.

Advertiu que o recente interese do presidente da Xunta por anunciar compromisos en política social carentes de orzamentos e logo de ter recortado 4.000 millóns de euros de gasto social en 6 anos. Tamén reclamou a comparecencia do presidente da Xunta para dar conta da crise do sector lácteo e das eivas notables nos operativos de loita contra incendios, postas de manifesto en plena campaña de verán.

Cariño

O responsable socialista ironizou sobre o “cariño” que lle dedica o presidente da Xunta ao PSdeG-PSOE “para evidenciar cal é a oposición que lle doe e lle preocupa”. Méndez Romeu respondeu así ás críticas do resto dos grupos da oposición diante do debate parlamentario da proposta de reforma do Regulamento presentada polos socialista galegos.

Explicou que ata o momento “existen acordos importantes” con relación á actualización do texto dirixidas a mellorar o funcionamento da Cámara, e engadiu que “confiamos que ata o venres –o día do debate do ditame en Comisión- o texto sexa aínda mellorado e máis inclusivo”.

Advertiu que “non caben descualificacións porque algún artigo non sexa do agrado dun grupo parlamentario” e puntualizou que “a existencia de acordos puntuais non deben poñer en cuestión o traballo da oposición”.

Lembrou ademais que a elección dos membros do Consello de Contas é proporcional á representatividade parlamentaria e está establecida a través da lei D’Hondt, polo que non cuestiona “a validez das normas nin o seu carácter democrático”. Respondeulle así ás críticas dos grupos parlamentarios minoritarios diante do desbloqueo da renovación do Consello de Contas, o Valedor e a Corporación da CRTVG, pendentes dende hai 3 anos.

Subliñou que as protestas demostran “incomprensión co xogo democrático, desprezo cara ás normas vixentes e loubanza a alternativas que, como se ve polo exemplo doutros países, non supuxeron mais benestar nin crecemento para os seus cidadáns”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar