Feijóo debe tomar medidas estruturais fronte á corrupción institucionalizada no PP

Feijóo debe tomar medidas estruturais fronte á corrupción institucionalizada no PP

Feijóo debe tomar medidas estruturais fronte á corrupción institucionalizada no PP

Méndez RomeuO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, esixiulle ao presidente da Xunta “medidas estruturais” logo de constatar a existencia dunha “corrupción institucionalizada” para o “financiamento con caixa b xeneralizado no PP”. Así o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento de Galicia, na que o acusou de vetar calquera iniciativa dos socialistas para evitar a corrupción.

Méndez Romeu censurou que tanto Feijóo como Rajoy “calan fronte ao presunto financiamento irregular” do PP, cando tódolos sumarios apuntan a unha “corrupción institucionalizada” a través de tramas societarias creadas á sombra do poder. Entre os fines destas tramas, dixo, atópanse “o financiamento do seu grupo a través dunha caixa b xeneralizada para o pago de sobresoldos, obras ou gastos correntes”.

O responsable socialista preguntoulle ao presidente da Xunta si non se sinte “obrigado a dar explicacións” logo da súa presenza reiterada nos sumarios da Operación Zeta xunto cunha “morea dos seus colaboradores”, e censurou a “indiferenza” amosada por Feijóo.

Aludiu así á presenza de conseguidores no seu entorno persoal, dedicados a captar contratos coa Xunta “polos que pagan comisións”, o desvío de fondos de formación na consellería de Traballo ou “relacións persoais altamente comprometedoras entre dirixentes do seu grupo e os implicados”. En tódolos casos, lembrou, “foron a prensa e os traballadores os que provocaron a investigación, nunca os mecanismos de control da administración”.

Veto

Acusou ao presidente da Xunta de limitarse a ofrecer “medidas cosméticas” ao tempo que veta calquera proposta presentada polos socialistas galegos, demostrando que “non queren acordos e non teñen propostas”.

Dixo que “cando a xente demanda decencia vostede ofrece tolerancia e impunidade”, xa que “evita acordos serios e limítase a xestos tan escandalosos” como a recolocación á do ex alcalde de Santiago Ángel Currás, “dimitido por unha dobre imputación” á fronte da empresa pública Tragsa “para comprar o silencio”.

Méndez Romeu situou ao presidente da Xunta no epicentro desta “epidemia de corrupción que corroe á democracia” e lamentou que responda con “vaguidade” e poñendo “panos quentes” cando a situación demanda “medidas de choque e medidas de prevención rigorosas”.

Os socialistas galegos reclamaron hoxe a posta en marcha de medidas dirixidas a atallar a corrupción na administración pública en torno a catro eixos. A primeira medida debe basearse na despolitización da administración “para un verdadeiro control do goberno” e lembrou que “vostedes fixeron exactamente o contrario cando chegaron ao poder”.

Continuou reclamando a “despolitización os órganos reguladores” xa que, explicou, “non é crible que as contas públicas galegas sexan supervisadas por quen foi máximo dirixente do seu partido e membro do seu goberno”. Tamén reclamou “aumentar a transparencia do goberno, os organismos públicos e a administración local”.

Finalmente, considerou irrenunciable que o goberno galego e o PP “permitan que a Cámara exerza plenamente a súa función de control e investigación” mentres o presidente da Xunta “quere amordazala”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar