Feijóo debe pedir perdón ás mulleres galegas "por ter animado, defendido e impulsado" a Lei contra o Aborto

Feijóo debe pedir perdón ás mulleres galegas "por ter animado, defendido e impulsado" a Lei contra o Aborto

Feijóo debe pedir perdón ás mulleres galegas "por ter animado, defendido e impulsado" a Lei contra o Aborto

Méndez Romeu anima ao PP a continuar rectificando retirando a Lomce, a reforma xudicial, a lei electoral, a reforma local e a política social e económica “que está fracasando”.

Acusa a Feijóo de “redistribuír a riqueza dos que menos teñen aos que mais teñen” mentres recorta 4.000 millóns de euros dos programas de protección e asistencia social.

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, esixiulle ao presidente da Xunta que “pida desculpas ás mulleres galegas” polo seu apoio á Lei contra o Aborto. Así llelo dixo na sesión de control do Parlamento celebrada hoxe, na que lembrou que Feijóo “tense significado como un dos animadores, defensores, impulsores desta norma reaccionaria onte desbotada”.

O responsable socialista sinalou que “onte acertaron” porque “por fin comprenderon que non se poden impoñer tutelas reaccionarias ás mulleres nin retroceder nas conquistas sociais dos dereitos consolidados”. Méndez Romeu advertiu sen embargo que “foi necesario para iso un ano de tensión social para que vostedes comprenderan”, un ano no que Feijóo apoiou en Galicia a reforma da Lei do Aborto aprobada polos socialistas.

O portavoz do Grupo Socialista sinalou que “acertan cando rectifican”, polo que animou ao PP a continuar polo mesmo camiño e “desboten, retiren a Lomce, contraria aos intereses da educación española, retiren a reforma xudicial, desistan de tocar a Lei Electoral, retiren a reforma local”. Reclamou ademais que, “sobre todo, modifiquen a actual política social e económica que está fracasando”.

Méndez Romeu sinalou que o suposto crecemento económico “de raíces vigorosas” –parafraseando a Rajoy- evidencia que Feijóo “está traballando para redistribuír a riqueza, si, transferindo dos que menos teñen aos que mais teñen”. Lamentou o seu “comportamento exemplar” ao garantir o “empobrecemento dos moitos e enriquecemento dos poucos” provocando un crecemento a desigualdade “sen precedentes na historia”.

Así, explicou que as únicas “raíces vigorosas” que ten o crecemento económico son as referidas “aos mais ricos, que incrementaron a súa renda nun 19 por cento no último ano”. O resto da sociedade galega, dixo, “os asalariados, as clases medias, os desempregados, os pensionistas ou os estudantes hoxe están peor que hai un ano polas súas políticas”.

Demandoulle que “rectifiquen porque fracasan” logo de constatar que Galicia, logo de estar 3 anos con crecemento económico negativo, neste ano “crece á metade da media do Estado” e o consumo é “12 veces peor que a media de España”. Fronte ás promesas de que Galicia sería a primeira en saír da crise, “o certo é que estamos notablemente peor que a media do Estado, o que xa é lamentable”.

O portavoz socialista responsabilizou ás políticas de Feijóo da perda de 53.000 ocupados no que vai de lexislatura, 3.000 deles contratos indefinidos convertidos en temporais e outros 50.000 ocupados que “simplemente desapareceron”. Ao mesmo tempo, baixan os salarios, e o 80 por cento dos novos contratos asinados son temporais de 6 meses.

Engadiu que en Galicia, “sobre un millón de asalariados, 300.000 perciben menos do salario mínimo e 150.000 non chegan aos 350 euros, mentres conta coas pensións mais baixas do Estado.

Protección social

Méndez Romeu lembrou que Feijóo ten eliminado cada ano 300 millóns de euros correspondentes aos programas de protección e asistencia social, sumando un total de 4.000 millóns de euros durante o seu mandato. Criticou que o presidente da Xunta “sarcasticamente, lle chama blindaxe do gasto social a reducir 8 puntos” o seu peso nos orzamentos.

Engadiu a retirada de 640 millóns de euros dos programas de loita contra o desemprego, cando “só medra a pobreza”, como evidencian os estudios nacionais, que tildan de “irrelevante” a atención aos problemas sociais en Galicia. Actualmente, unha de cada catro familias galegas, 250.000, está en risco de pobreza ou exclusión, ao que o goberno galego responde destinando 14 euros por habitante, fronte aos 42 que destina Asturias.

Ao mesmo tempo, 120.000 desempregados están “sen prestación, nin axuda, nin asistencia nin futuro”, e “nin sequera son quen de poñer ao día a Risga”, con persoas agardando durante un ano.

Finalizou responsabilizando ao presidente da Xunta da crise demográfica de Galicia, pola que desapareceu o 17 por cento dos mozos e mozas de Galicia, un total de 118.000 persoas novas ás que lles ofrece “emigrar ou traballar pola metade do salario mínimo”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar