Feijóo debe pedir explicacións aos senadores do PPdeG por votar en contra do dique flotante para Ferrol

Feijóo debe pedir explicacións aos senadores do PPdeG por votar en contra do dique flotante para Ferrol

Feijóo debe pedir explicacións aos senadores do PPdeG por votar en contra do dique flotante para Ferrol

Os senadores galegos do PSdeG Javier Losada, Ángeles Marra, Paula Fernández Pena, Miguel Fidalgo e Ricardo Varela esíxenlle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que lles pida explicacións “de forma urxente” aos senadores galegos do PP e ao seu partido en Madrid por votar en contra dunha enmenda socialista para dotar de fondos ao proxecto de construción dun dique flotante para os estaleiros da ría de Ferrol. “Se non o fai, terá que explicar unha grave contradición que é unha burla para Galicia”, afirman.

Os socialistas apuntan á gravidade de que o mércores, “o mesmo día en que os alcaldes di PP prometían elevar defender o dique no Senado” e elevar propostas nas cámaras estatais en favor da súa construción tras unha reunión de rexedores de Ferrolterra, “os senadores que os representan en madrid votaban en contra”, polo que “Feijóo terá que explicar se é que non falan entre eles, ou se a submisión a Feijóo vale máis que o futuro de Ferrolterra”.

“Estamos xa fartos de que Feijóo e os seus vendan unha película en Galicia e cheguen a Madrid e baixen as orellas”, di Javier Losada, que afirma que “é unha lástima que os autobuses da vergoña dos alcaldes do PP só servisen para a foto e para lavarlle a cara a Feijóo pero non fosen quen de chegar ao Senado” coas súas reclamacións.

Iniciativas no Congreso e no Parlamento galego
Desde o PSdeG seguirán insistindo en obter financiación para o dique, para o que os deputados xa teñen rexistrado iniciativas no Congreso, tal e como informou o secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, tras a última Executiva do partido. Ademais, os socialistas seguirán insistindo en que Feijóo aclare as contradicións do seu partido co naval no Parlamento galego.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar