Feijóo debe parar cos recortes á Dependencia

Feijóo debe parar cos recortes á Dependencia

Feijóo debe parar cos recortes á Dependencia

DependenciaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, esixiulle a Feijóo a paralización inmediata dos recortes aplicados polo seu goberno á Lei da Dependencia. Gallego presentou unha moción que será debatida na próxima sesión ordinaria do Parlamento na que reclama o mantemento dos dereitos recoñecidos “agás para aquelas cuxa situación empeore”.

A responsable socialista alerta de que a campaña encetada polo goberno galego de repetir a avaliacións para reducir as prestacións supón un incumprimento flagrante da Lei e a evidencia de que Feijóo quere desmantelar as axudas á Dependencia “pola vía dos feitos”. Por iso demanda a retirada das novas avaliacións, que “supoñen un brutal recorte nas prestacións” dun 40 por cento das prestacións como promedio.

Ademais, reclama o mantemento dos dereitos recoñecidos ata a data “agás para aquelas persoas cuxa situación empeore e precisen de novas avaliacións, a efectos de evitar recortes nas prestacións outorgadas”. Sinala tamén que o goberno galego debe garantir que os servizos recollidos na carteira de servizo sociais para a Dependencia sexan prestados polas administracións públicas galegas.

A moción presentada por Gallego insta ao goberno galego a asegurar que na determinación do sistema de participación das persoas usuarias no financiamento dos custes dos servizos da dependencia “non haberá novos copagos nin incremento dos xa existentes”.

Ademais, reclámalle ao goberno central que realice a avaliación da Lei de Dependencia para impulsar a continuación a constitución dun grupo de traballo con representantes dos grupos parlamentarios e das comunidades autónomas. O obxectivo é, dixo, “alcanzar un amplo acordo para garantir a sostibilidade, o desenvolvemento e o financiamento, por parte das administracións públicas do Sistema de Autonomía e atención á Dependencia”.

Gallego explica que hoxe hai 18.000 persoas co dereito recoñecido ás que non lles dan a axuda mentres a Xunta destina menos gasto público á dependencia que o resto do Estado, con 90,65 euros por habitante fronte á media de 109,6 do conxunto do Estado.

Acusou ao presidente da Xunta de “mentir” ao sinalar que a prioridade da Xunta é atender aos grandes dependentes, cando a realidade evidencia a caída nun 9,63 por cento de persoas cun grao III de dependencia, preto do dobre da media estatal, un 5,95 por cento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar