Feijóo debe incorporar a vacina contra a meninxite ao calendario galego

Feijóo debe incorporar a vacina contra a meninxite ao calendario galego

Feijóo debe incorporar a vacina contra a meninxite ao calendario galego

VacinaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, respondeu ao anuncio feito polo presidente galego sobre a vacina da meninxite B reclamándolle que a introduza no calendario vacinal galego. Acuña lembroulle a Feijóo que siga o mesmo camiño que coa vacina do meningococo, específica no calendario galego, e salve a centos de nenos e nenas dunha enfermidade mortal.

A responsable socialista lembrou que a meninxite é unha grave enfermidade endémica en Galicia, que é a rexión con maior incidencia dun Estado, España, que é o quen a maior incidencia de toda a UE. Este feito por si só xa xustifica que os rapaces e rapazas de Galicia poidan dispor da vacina nos propios centros de saúde.

Acuña sinala que “sabemos que no Consello Interterritorial camíñase cara un calendario de vacinación único para todas as comunidades autónomas, pero tamén sabemos que hai diferenzas entre elas”. Argumentou que “Galicia estivo ata hai pouco tempo contemplando como experiencia piloto a vacinación obrigatoria na infancia do neumococo, cousa que noutras partes non se facía”.

Potencialmente mortal

Lembrou que esta enfermidade resulta potencialmente mortal con incidencia especialmente entre os rapaces de 2 a 3 anos de idade. Explicou que cada ano en Galicia entre 25 e 30 nenos e nenas padecen esta enfermidade -sen ter en conta picos epidémicos-, dos cales 2 morren e entre 6 e 9 sobreviven con graves secuelas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar