Feijóo debe implicarse para incluír aos cefalopodeuiros no acordo con Mauritania

Feijóo debe implicarse para incluír aos cefalopodeuiros no acordo con Mauritania

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val ven de anunciar que o seu grupo esixirá de maneira urxente a implicación do Goberno galego e do seu Presidente na negociación para incluír á flota cefalopodeira no acordo pesqueiro da UE con Mauritania para a explotación dos seus caladoiros.

O portavoz socialista trasladou esta iniciativa socialista aos representantes da flota cefalopodeira cos que mantivo hoxe unha xuntanza no Parlamento de Galicia.

Val afirmou que, unha vez demostrado polo Comité Científico que os recursos non están sobreexplotados e que “polo tanto, pódese seguir pescando”, o que é preciso é a “implicación política” dos Gobernos do PP en Galicia e no Estado. A flota cefalopodeira leva oito meses sen actividade.

Para Val, de igual xeito que o Presidente Feijóo acude a México a buscar vías de acordo, ese nivel de compromiso con outros sectores produtivos “debera verse reflectido tamén neste tema”, no que, recorda o deputado socialista, están implicadas 24 embarcacións e preto de 300 persoas.

O socialista demanda inmediatez ao Titular do Executivo e á responsable de Pesca do seu Gabinete para poñer en marcha un “encontro bilateral cos representantes do Goberno mauritano para tratar de poñer luz sobre o tema”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar