Feijóo debe garantir a chegada do AVE a Galicia en 2015

Feijóo debe garantir a chegada do AVE a Galicia en 2015

Feijóo debe garantir a chegada do AVE a Galicia en 2015

p>O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, presentou unha moción na que esixiu á Xunta que se comprometa coa chegada do AVE a Galicia en 2015. Reclamou o compromiso cos prazos pactados co Goberno central dende o 21 de xullo de 2009 e criticou a “docilidade” e “apoio manifesto” á estratexia de recortes e paralizacións das infraestruturas.

Reclamou ao presidente da Xunta que explique qué vai facer logo de coñecer o recorte drástico ás infraestruturas consagrado polos orzamentos xerais presentados polo Goberno central. Sinalou que o recorte estimado para as infraestruturas galegas oscilará entre os 240 e 270 millóns de euros.

Esixiu que explique si vai manter os acordos do Pacto do Obradoiro para a chegada da Alta Velocidade que defendeu “como un tigre de Bengala” ou si vai manter a “docilidade dun gatiño de Angora” que demostrou dende a chegada de Rajoy á Moncloa.

O responsable socialista reclamou neste sentido a convocatoria urxente da Comisión de Seguimento anual para avaliar as previsións do actual Goberno de España no que atinxe á programación dos orzamentos para o ano 2012 e seguintes. López Vidal explicou que este órgano debe garantir o cumprimento efectivo das obras nos distintos tramos do AVE a Galicia nos prazos comprometidos.

Prazos cumpridos

Lembrou que estes prazos foron escrupulosamente cumpridos polo anterior goberno socialista, que deixou as obras adxudicadas e a infraestrutura “sobre raís” malia os atrancos impostos pola Xunta de Feijóo co intento de paralización dos informes medioambientais ou do proxecto de entrada da nova liña ferroviaria á cidade de Ourense.

Apuntou que o “retraso efectivo” comezou dende o día da toma de posesión de Rajoy e da ministra Ana Pastor, que “sorprendentemente contaron coa xustificación e mesmo apoio entusiasta do goberno galego, encabezado polo seu presidente e seguido do seu responsable de Infraestruturas”.

zp8497586rq
zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar