Feijóo debe explicar si interferiu na investigación contra o narco Marcial Dorado

Feijóo debe explicar si interferiu na investigación contra o narco Marcial Dorado

Feijóo debe explicar si interferiu na investigación contra o narco Marcial Dorado

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, esixiulle ao presidente da Xunta que explique si “utilizou a súa posición como vicepresidente en 2003 para interferir na investigación xudicial contra o narcotraficante Marcial Dorado”. Losada instou a Feijóo a explicarse na sesión de control do próximo Pleno porque “canta mais información coñecemos, mais preocupados estamos”.

Losada sinala que as investigacións sobre o narco amigo de Feijóo revela que o presidente da Xunta “mentiu cando dixo que a súa relación rematara nos anos 90”. Expresou a preocupación dos socialistas galegos ao coñecerse que as conversas entre o narcotraficante Marcial Dorado e Feijóo non foron transcritas e incorporadas aos autos xudiciais, impedíndose que puideran ser valoradas polo Ministerio Fiscal e as acusacións particulares, si as houbera.

Sinalou que o feito é politicamente inquietante, por xa hai que comeza a poñer en relación esa circunstancia co dado de que o xuíz fora posteriormente nomeado director do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia. Dixo que a fiscalía ten “todo o dereito” a coñecer os criterios aplicados para decidir por qué aquelas conversas non eran relevantes e advertiu que esta situación “pode quebrar a confianza da cidadanía no principio de igualdade e imparcialidade da xustiza”.

O portavoz socialista criticou a “visión vanidosa de si mesmo” que ten Feijóo ao insinuar a existencia dunha campaña de desprestixio porque, dixo, “quen se desprestixia é quen se fai fotos cun narcotraficante”. Recomendoulle tamén que “deixe de preocuparse polo secretario xeral dos socialistas galegos e de quen o asesora e comece a preocuparse da Comunidade Autónoma que goberna”.

Dixo que o presidente da Xunta “pode dar por pechado o caso Marcial Dorado, pero Galicia non, as nais que perderon aos seus fillos en mans da droga nos anos 90 tampouco e os socialistas menos”. Dixo que a posición do responsable da Xunta resulta “absolutamente vergoñenta e moi negativa sobre o sistema” político galego.

Engadiu que en lugar de pechar o caso, Feijóo debe preocuparse de ofrecer toda a información sobre os contratos das empresas de Dorado coa Xunta e de explicarlle aos galegos quén deu a orde á policía para que lle pedira a un xuíz que defendera a Feijóo. Lembroulle a Feijóo as súas propias palabras: “si un partido se da o mérito da chuvia non debe estrañarse cando os adversarios o responsabilizan da seca”.

Industria

Losada cualificou hoxe ademais de “indignidade” as declaracións do presidente da Xunta acusando aos socialistas de “torpedear” os acordos dos estaleiros con México. Dixo que a responsabilidade é do presidente da Xunta que ofreceu en directo a sinatura dos supostos contratos con Pemex que agora non se materializan e advertiu que intenta “colgarse a medalla” si sae ben pero “criticar a empresarios e oposición si non sae”.

O responsable socialista lembrou que o Pleno que comeza mañá incluirá unha moción sobre a desaparición do Igape como instrumento de activación económica de Galicia dende a chegada de Feijóo. Losada fixo un relatorio de todas as empresas que están a sufrir serios problemas de viabilidade sen qu ea Xunta teña feito nada mais que deixar caer o investimento público un 84 por cento en 2012.

Estes datos sitúan o investimento de capital e a actividade económica da Xunta “directamente na UCI”, e lembrou a “lamentable realidade” de que os datos de previsión de crecemento económico da Xunta, dun 0,4 por cento do PIB, están “fóra da realidade” logo de que De Guindos recoñecera unha caída dun 1,5 por cento para este ano en España, lonxe do 0,5 inicial.

Finalmente, sinalou que o Pleno incluirá unha Interpelación sobre o “novo pelotazo” que supón a Lei de Costas, abrindo a costa á urbanización garantindo “negocio privado e beneficio privado” para cando a burbulla inmobiliaria volva inflarse. Dixo que a Lei abre a porta a futuras construcións sen ter en conta o medio ambiente nin a protección da paisaxe.

Caixas

En resposta a preguntas dos xornalistas, o portavoz do Grupo Socialista explicou que o PSdeG-PSOE “irá a por todas” na Comisión de Investigación da desaparición das caixas galegas e as indemnizacións millonarias aos exdirectivos. Reclamoulle ao PP e ao goberno que garantan “transparencia” sobre unha operación que resultou “un fracaso rotundo”.

Reclamou así a auditoría encargada a KPMG por un millón de euros para supostamente avalar a fusión e que a Xunta mantén agochada en San Caetano. Lamentou que a realidade da fusión sexa que Galicia carece de sistema financeiro, perdéronse oficinas e postos de traballo, paralizouse a obra social e non hai crédito para empresas nin familiares.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar