Feijóo debe explicar no Parlamento cómo vai devolver o Hospital de Vigo ao sector público

Feijóo debe explicar no Parlamento cómo vai devolver o Hospital de Vigo ao sector público

Feijóo debe explicar no Parlamento cómo vai devolver o Hospital de Vigo ao sector público

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, presentou hoxe a solicitude de comparecencia de Feijóo para “explicar cómo vai reverter” a situación provocada no novo hospital de Vigo e “devolvelo ao sector público”. O responsable socialista sinalou que a manifestación de 200.000 cidadáns da área de Vigo, como a dos 2.000 tractores que colapsaron Lugo, demostran que “a sociedade faise oír fronte a un goberno insensible ás demandas cidadás”.

Os socialistas tramitaron a solicitude de comparecencia do presidente da Xunta “para aclarar as sospeitas e calmar a crispación profesional e social creada ante as irregularidades detectadas na construción, a privatización e os recortes levados a cabo no novo hospital privado de Vigo”. Criticou que tanto neste caso, como na imposición de Alimentos Lácteos, antepuxera os intereses de partido ao interese xeral.

Méndez Romeu Dirixiuse directamente ao presidente da Xunta para que sexa el quen escoite as demandas dun cambio de rumbo para conseguir un “verdadeiro hospital público con servizos completos” para a área de Vigo.

A conselleira de Sanidade, dixo Méndez Romeu, atópase “amortizada e carente de credibilidade nin criterio”, e traballa como “cabalo de Troia para impoñer os intereses mercantís no corazón dos servizos públicos”. Acusou a Feijóo de “utilizala como pararraios” e “mera executora das súas políticas de privatización a ultranza”, e “a cambio toléralle de todo, mesmo o nepotismo, malia que agora non a respalde”.

Escándalo

Considera “un escándalo” que o goberno galego teña invertido 1.500 millóns de euros “tan só para cambiar de lugar 800 camas”, xa que Vigo “non gañará nin unha soa cama” co novo centro. Mentres, o concerto co hospital Povisa continúa intacto, o novo hospital segue sen laboratorio e continúan transferidas a Santiago as especialidades que antes tiña a área sanitaria.

Os vigueses e viguesas e toda a cidadanía galega terán que asumir o custe dunha operación que supuxo entregarlle o Hospital á empresa privada triplicando o seu custe, reducindo as camas de 1.400 a 800 e privatizando a xestión para os próximos 20 anos. Feijóo, dixo, “aceptou porque quería inaugurar un Hospital en campaña” seguindo o modelo fracasado do hospital de Alcira, que tivo que ser rescatado en dúas ocasións.

O presidente da Xunta non quixo escoitar ás advertencias dos profesionais sanitarios e as demandas da cidadanía e dos socialistas galegos e “a súa improvisación e menosprezo volveuse contra el como un bumerán”. A arrogancia do goberno galego converteu o traslado ao novo centro nun “caos” que está a producir “imaxes esperpénticas” retransmitidas polos medios de comunicación en todo o Estado.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar