Feijóo debe explicar a súa amizade con narco Marcial Dorado porque ninguén pode seguir sendo Presidente de Galicia con esta carga sobre as súas costas

Feijóo debe explicar a súa amizade con narco Marcial Dorado porque ninguén pode seguir sendo Presidente de Galicia con esta carga sobre as súas costas

Feijóo debe explicar a súa amizade con narco Marcial Dorado porque ninguén pode seguir sendo Presidente de Galicia con esta carga sobre as súas costas

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ven de esixir ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que explique a relación que mantivo co narco Marcial Dorado cando era o número dous da consellería de Sanidade. O Presidente do Grupo Parlamentario socialista esixiu ao titular do Executivo galego que compareza na cámara non só para dar conta das viaxes que nos noventa realizou a Andorra e a Portugal, senón para coñecer se directa ou indirectamente, a través de testaferros, houbo naquela época ou non contratos da Consellería de Sanidade con empresas do coñecido capo do contrabando.

O dirixente socialista recorda que foi Manuel Cruz, testaferro de Dorado, quen presentou a Núñez Feijóo ao narco. Cruz dedicábase á xestión e compraventa de empresas para o entramado de Dorado, polo que Vázquez considera imprescindible que Feijóo compareza no Parlamento “con papeis” para desmentir unhas informacións sobre a “relación de estabilidade” que mantiña Feijóo con Dorado.

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE cualificou a situación de “extrema gravidade” e afirmou que “ninguén pode seguir sendo Presidente de Galicia con esta carga nas espaldas”, polo que esixe a Feijóo que se xustifique.

De tódolos xeitos, non admite o líder dos socialistas galegos as apelacións do Presidente galego ao descoñecemento das actividades ilegais do amigo de Feijóo nos anos noventa. Pachi Vázquez esgrimiu na súa comparecencia ante os medios páxinas de xornais da década nas que aparece a foto de Manuel Dorado en informacións onde se explica a súa actividade delictiva.

Vázquez explicou que Dorado xa fora detido en 1982, e estivo na cadea no 84, foi investigado e levado á cadea no 89 e no 90 foi detido na Operación Nécora, por iso “non hai ninguén en Galicia que se crea que Feijóo, no ano 95, non soubera quen era Marcial Dorado”, afirmou o máximo responsable do PSdeG-PSOE.

RELACIÓNS CO NARCO DORADO CANDO FEIJÓO ERA RESPONSABLE DO SERGAS

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE esixiu ao xefe do Executivo galego que dea conta das conversas que mantiña con Dorado nas viaxes que facían xuntos, e se fico máis viaxes daquela con persoas vinculadas co narcotraficante.

Pachi Vázquez recorda que Feijóo era “primeiro Secretario Técnico da Consellería e logo Secretario Xeral do SERGAS, cando se desenvolvía o período de amizade con Dorado, plasmado nunha reportaxe fotográfica publicada por un xornal o pasado domingo, día 31 de marzo.

Ademais de dar explicacións sobre a posible relación comercial do entramado de empresas de Dorado coa Consellería, Feijóo debe responder ante os colectivos de loita contra a droga. “Qué pasaría se no 95, cando se reunían colectivos de loita contra a drogadicción, administracións e partidos políticos se naquel momento se coñecera que o número dous da Consellería de Sanidade levaba anos viaxando con un dos principais narcotraficantes”.

Nun intento de contextualizar os feitos relatados na fin de semana na prensa e que Vázquez cualificou como “un dos feitos máis graves do noso país”. Dixo que “non se trata de dúas persoas que van de paseo nun barco, se trata dun narco recoñecido por todos os xornais e dun alto cargo da Consellería de Sanidade”. Pediu o esforzo de “retrotraerse ata o ano 95”, data á que fan referencia as fotos publicadas, “un momento en que centenares de mozos e mozas galegos están a ser vítimas da lacra da drogadicción e áreas sanitarias como a de Vigo teñen ao ano máis de cen mortes por drogadicción”.

Non estamos a falar dun “tema casual”, insiste o líder dos socialistas galegos, trátase dun feito moi grave do que o titular do Executivo autonómico ten que dar conta e ofrecer unha explicación que vai máis alá de denunciar que o intentan amedrentar. Porque, para Pachi Vázquez “Galicia non pode ter un presidente coa conduta que mantivo Feijóo nese período”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar