Feijóo debe escoller entre ser o presidente do copago ou da reactivación económica

Feijóo debe escoller entre ser o presidente do copago ou da reactivación económica

Feijóo debe escoller entre ser o presidente do copago ou da reactivación económica

O presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, dixo hoxe que Feijóo “ten que elixir entre ser o presidente do copago na sanidade e na educación ou ser o presidente da reactivación económica de Galicia”. Así o dixo na sesión de control do Parlamento, na que lle reclamou a Feijóo a reactivación da economía galega logo de ter levado ao país “ao peor dos escenarios posibles”.

O líder dos socialistas galegos advertiu que Feijóo converteuse no “presidente fracasado dun país que non ten por qué fracasar” logo de tres anos de xestión nos que “non hai un só galego ou galega ao que lle vaia mellor”. Criticou que permaneza desaparecido e engadiu que “non aparece porque non ten solucións para este país, non sabe arranxar os problemas de Galicia”.

O responsable socialista presentoulle ao presidente da Xunta unha batería de propostas para xerar emprego, reactivar e dinamizar a economía de Galicia e acadar un incremento de ingresos, todas elas rexeitadas por Feijóo.

Instou ao presidente da Xunta a tomar a iniciativa para reactivar a economía galega acadando mais ingresos que permitan aplicar un plan de emprego para 25.000 mozos e mozas, blindando a sanidade e a educación. Dixo que o presidente da Xunta é “refén” da banca e chamouno a “non terlle medo” para aplicar un novo imposto que grave os depósitos que non repercuta nos usuarios.

Propuxo aplicar unha suba do tramo autonómico do IRPF ás rendas mais altas, aplicando o imposto do patrimonio ou fiscalidade medioambiental e instou a Feijóo a “traballar como presidente e non se renda” porque, dixo, “está rendido aos acontecementos”. Preguntoulle así “cándo vai asumir que é o presidente de Galicia e que ten responsabilidade”.

Desemprego irremediable

Advertiu da inacción do Goberno de Feijóo diante da crise, que leva a Galicia a un “desemprego irremediable” e augura “a desaparición da sanidade e da educación públicas” xa que “tódalas súas medidas e solucións acaban irremediablemente en cobrarlle aos alumnos e aos pacientes”. Reclamou así que escolla entre “reactivar a economía” ou “seguir sendo o presidente do empobrecemento de Galicia”.

Pachi Vázquez lembrou que mentres Feijóo recibiu a Galicia en 2009 cun crecemento un 25 por cento maior ao de España, hoxe está situada “á cola de España”, xa que mentres a media de crecemento estatal sitúase no 0,7 por cento, Galicia descende un 0,3. Reprochoulle que a piques de facer 3 anos á fronte da Xunta “vai contemplar, sen moverse cómo se van destruír 60.000 empregos en 2012.

Dixo que a xestión de Feijóo “non a podemos cualificar senón como os anos do paro, da recesión económica, da destrución do sistema financeiro e da perda de dereitos en sanidade, educación e dependencia”. Lembrou que “entraron dicindo que en 45 días solucionarían o paro e hoxe é o presidente do paro para 276.000 homes e mulleres en Galicia.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar